ALGUNHAS COUSAS MIÑAShttp://queixa.espacioblog.com2011-10-22T19:06:29Zhoracio Álvarez GonzalezTalento neurociencia neuroxenesis neurona intelixentehttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/10/22/talento-neurociencia-neuroxenesis-neurona-intelixente2011-10-22T19:06:29Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS Talento. Neurociencia, neuroxénesis, Neurona intelixente. Intelixencia humana que aínda non chegou aos ditadores. Quedaro...

Talento. Neurociencia, neuroxénesis, Neurona intelixente. Intelixencia humana que aínda non chegou aos ditadores. Quedaron varados no camiño. Aumentaron a capacidade cerebral para mellor manipular aos semellantes vasalos. Deixaron no camiño a humanidade que a todo humano se lle supón. Todos iguais. Arrogantes e ameazadores esperando o sacrificio alleo mentres como toupas intentan fura-la terra que os protexa das bombas que feren, que matan aos seus. Salvar a pel a calquera prezo.

Sadam Huseín intentouno. Enfrontouse ó mundo declarando a nai de tódalas guerras. Ameazando a calquera que puxese os pes no chan sagrado de Iraq, e buscou o oco máis fondo onde agocharse mentres o pobo morría por defendelo. Nada aprendeu El Gadafi, seguiu o mesmo camiño da ameaza, o mesmo camiño da toupeira.

Van caendo un a un. O mundo séntese máis tranquilo. Os xefes de goberno acoden aos países que loitan polo liberdade que ten algo que os demais non temos. Petróleo. Os que un día foron amigos pasan a formar parte dos apestados. Ningún xefe de goberno acode a Somalia onde tamén loitan. Son humanos tamén que foxen da guerra das armas que os mesmos xefes de goberno lles venderon ou deron permiso para vender. O mundo xira derredor do petróleo, do vil metal, non da humanidade. As relacións cos demais países dependen do mercado, do interese.

Novos ditadores están a medrar sobre a face da terra. Estudando a maneira de se defender da mesma xente que os ha levar ata o cumio do poder. Nada aprende o mono espido que non viñera impreso nos xenes. Os mesmos fins con diferentes métodos estanse a levar a cabo. O mesmo mono espido que un día viu máis rendible roubar o alleo que producir, traballar, aforrar e non consumir sen necesidade, está a saír á luz na espera do seu momento para facerse co poder, mandando aos demais, se fose necesario, morrer por el e os seus descendentes. E agocharse.

Novos cordeiros están desexosos de seren sacrificados para defender ó novo ditador que os suba máis altos co veciño. É tempo de asoballar. A neurona dorme baixo o efecto do -soma. Os máis esperan o sacrificio dos menos para ó remate da contenda dicir : gañamos: fixemos: se todo saíu ben, perderon e nada fixeron, se non sae ou sae mal. Espaviados eles.

Avanzou a ciencia e as novas neuronas- espello- saíron á luz. Un logro para a humanidade, din algúns. Máis posibilidades de vida, din outros. Pero ata que a evolución non faga o seu traballo e desapareza a intrínseca maldade adquirida durante séculos, a creada por deus, seguirán aparecendo os mesmos aproveitados de sempre vestidos con diferentes cores, aproveitados á fin. E senón, ao tempo.

novos temposhttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/10/21/novos-tempos2011-10-21T12:02:51Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Ano de 1959, mal ano para os pobres. Os nenos baleiraban vagóns de carbón. Subían caldeiros de masa.¡ O mundo non era...

Ano de 1959, mal ano para os pobres. Os nenos baleiraban vagóns de carbón. Subían caldeiros de masa.¡ O mundo non era xusto! ¡Nunca fora xusto! A garda civil do réxime prohibía saír de noite, falar galego, ler libros prohibidos. Aos mozos de Euskadi non lles gustara. O meu amigo fuxira da escola porque lle bateran e lle fixeran dano. Os mozos de Euskadi tamén fuxiran ó pobo veciño porque tamén lles dixeran :ánimo amigo: eran valentes os mozos porque loitaban polo seu pobo, pola súa xente, pola súa lingua materna.

Os perdedores non ten descanso, foxen por ser xitanos, por ser perdedores foxen e viven na serra de Queixa, foxen cara Francia e mercan pistolas, e bombas que fan estoupar preto dos represores, ¡eran valentes os de Euskadi! E fixéronse chamar E.T.A. e viron os demócratas do mundo que eran bos. E mataron a Carrero e foron recibidos como heroes no mundo sen represión. Eran valentes e pensaron que eran deuses porque podían matar e lles diciamos : ánimo amigos: trabucáronse como se trabucou o neno, todos os nenos, moitos nenos. Non souberon dicir amigo, amodo. Nin respetar aos novos heroes que saíran á rúa dicindo: todos iguais: os comunistas ten nai. E mataron e causaron dor nos mesmos nenos que onte lles dixeran: ánimo amigo.

Pasaran moitos anos. 52 ata aquel 20 de novembro do 2011 cando dixeron :vasta de mortos, 829 son suficientes. Trabucámonos no tempo e sentímonos deuses que non eramos. É tempo dos mortos, dos que din amigo amodo. Morreron os libros prohibidos e morreu o que prohibía falar galego e ler galego. Rematou.

E os nenos que viviron os anos malos descansaron e sentíronse contentos porque á fin morrera a morte inxusta, morrera a xenreira que mata, morrera E.T.A. e comezaba un novo mundo sen mortes inxustas nin medos nas noites de Euskadi.¡ O mundo comezaba a ser xusto!

Todo queda atrás. O mono espido vai deixando rastro de mortos inútiles detrás súa ó longo da historia. Detrás quedan os mostachos dos represores vestidos de militares que repartían malleiras inxustas. Detrás as inxustizas cometidas co pobo xitano, coas mulleres e cos pobres, cos que falaban diferente e pensaban diferente. Con os que bailaran coa fermosa moza que lle gustara ó garda civil. Todo queda atrás e queda lonxe, moi lonxe os días na serra do Sanmamede e os longos paseos ata Montederramo calzando zocas de pau de Ameneiro. ¡Qué lonxe! Aquel atentado de Atocha, última rabexada dos que pensaban que eran diferentes, raza pura creada dun deus diferente. Os que pensaron que matando aos que matan quedariamos en paz e o mundo sería xusto. Ollo por ollo sen tino, sen xustiza xusta.

Hoxe comeza un mundo novo. Sempre comeza un mundo novo para os que comezan a andaina no vello mundo. É historia a historia da historia que remata. Unha música de liberdade sona ao lonxe. Un recordo aos que sufriron as consecuencias daquel inxusto ano. Aos que recordan ós seus mortos na contenda de tódalas contendas.

As estrelas van fuxindo,

a espesa nebra enrarece

o arboriño que florece

por entre ela vai subindo. * * * Rosalía de Castro

Ben eu quixera trabucarme cando dicia hai moito tempo quehttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/09/01/ben-eu-quixera-trabucarme-cando-dicia-hai-moito-tempo-que2011-09-01T15:31:19Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Ben eu quixera trabucarme cando dicía hai moito tempo, que íamos ser nos, os que temos menos defensa, os que tiñamos...

Ben eu quixera trabucarme cando dicía hai moito tempo, que íamos ser nos, os que temos menos defensa, os que tiñamos que pagar os excesos dos bancos e grandes corporacións monetarias. Que podíamos cambiar de muiñeiro pero que era difícil cambiar de ladrón.

Agora, co acontecer dos novos tempos, non só imos pagar os excesos e malas praxis duns e dos outros, senón que nos daríamos cun canto nos dentes se nos ofrecesen non ir a peor.

Pode que este país non estivese ben gobernado por uns, pero cando os uns e máis os outros se poñen de acordo: virxenciña, déixame como estaba, porque se o sabio non aplaude, malo/ se aplaude o necio, peor.

Pero bueno, sempre nos quedará a Porta do Sol.

Despois dous meses descanso retomo boa costume dehttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/07/05/despois-dous-meses-descanso-retomo-boa-costume-de2011-07-05T10:44:56Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Despois de dous meses de descanso retomo a boa costume de encomiar a fermosura desta nosa terra galega, e criticar todo...

Despois de dous meses de descanso retomo a boa costume de encomiar a fermosura desta nosa terra galega, e criticar todo o criticable ou se cadra máis.

Moitas cousas levan acontecido neste sesenta días. Debates políticos sen posibilidade de arranxo para este país, descontentos cidadáns que saen á rúa demandando máis democracia e algún traballo, cambio nos gobernos autonómicos que desexamos non sexan só de -muiñeiro- soldados mortos nunha guerra que ninguén entende e esta crise que aumenta as desigualdades dunha sufrida poboación, que mira con impotencia como algúns se forran á conta dos demais. Polo demais, todo segue igual, ata a fermosa lúa que alumea nestas noites de verán nace no mesmo lugar de sempre.

E nos, os que comezamos a cumprir anos de a dous ou máis, por teres alcanzado a cheas o cénit da idade, ollamos retrospectivamente intentando atopar sen conseguilo, outros tempos onde a vida era máis fácil e o mundo máis xusto.

Grazas a tódolos / as que neste tempo de seca se acordaron de min e das miñas letras, unha aperta.

polos camiños de queixahttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/05/02/polos-caminos-queixa2011-05-02T18:43:02Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Camiñando nestes camiños floridos, ollando este ceo tormentoso e aspirando o arrecendo das brancas xestas, séntese o...

Camiñando nestes camiños floridos, ollando este ceo tormentoso e aspirando o arrecendo das brancas xestas, séntese o camiñante máis preto do paraíso. Ata min, chegan recordos doutras xentes que noutrora souberon apreciar esta dozura da nosa terra, que morreron namorados de toda a fermosura que so estes lugares ofrecen. Tal é o caso de Rosalía de Castro, que deixou en verso canto amou a nosa terra.

Nesta terra tal encanto

se respira.. triste ou probe,

rico ou farto de querbanto,

¡se encariña nela tanto

Quen baixo o seu ceo se crobe!

pra quen correspondahttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/04/22/pra-quen-corresponda2011-04-22T11:29:27Z ALGUNHAS COUSAS MIÑASmamotreto en Chandrexa de Queixa
Dende lonxe, cando o viaxeiro se atopa de fronte o cartel co nome do concello e sen...

mamotreto en Chandrexa de Queixa

Dende lonxe, cando o viaxeiro se atopa de fronte o cartel co nome do concello e sente ante si a inmensidade do macizo central ourensá, o primeiro que chama a atención na parte máis alta do pobo é, esta morea de ladrillos que dende fai doce anos preside a paisaxe. Restos da prepotencia do ex presidente Fraga cando chegaban moreas de cartos europeos ás nosas arcas, daquela, pensábase en inverter en poder nos concellos que como este, eran e seguen sendo propiedade dos seus.

Agora, dende fai doce anos, preséntase cada campaña electoral polo alcalde que leva vinte anos gobernando, como obra a rematar nos catro seguintes anos; e mentres que abusando da voa fe das xentes da aldea se vai perpetuando ano tras ano no poder, sen mover un dedo en xestionar o que parece -inxestionable- comeza a obra a se desmoronar polas inclemencias do duro tempo na montaña, máis o ácido do esterco que moreas de pombas o colleron en propiedade.

Centos de miles de euros, que ademais de ser malgastados nunha obra sen futuro, serven pra unha e outra vez, enganar aos maiores que necesitan un lugar onde pasar os derradeiros anos. Cando alguén acode ó concello na procura de información, é o noso alcalde o que amablemente, e despois de votarlle a mal poro lombo lle di: espera seis meses e xa terás unha praza nesta residencia, porque agora xa témolos cartos: despois, en tempos de novas eleccións, mándaselles un taxi alí onde foron atopar un lugar ou axudáselles pra que voten por correo.

Así segue sendo esta nosa Galiza do rural, sinxela e acolledora, aberta a comprender as patrañas que os caciques de turno lles conten, de boa fe. Esperando - de quen corresponda- que se tome a mellor decisión, a posible, pra rematar ou destruír este mamotreto que continuamente insulta á paisaxe, e sobre todo, que deixe de formar parte dunhas propostas electorais que comezan a cheirar a tomadura de pelo.

demasiadas cruceshttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/04/21/demasiadas-cruces2011-04-21T11:41:47Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Xoves santo cristiá, días de lecer amparados nunha vella e fermosa historia. Necesitamos destas historias pra sen...

Xoves santo cristiá, días de lecer amparados nunha vella e fermosa historia. Necesitamos destas historias pra sentirnos amparados, pra pensar que alguén antes ca nos, máis importante, foi entregado á morte por amor a nos, así, cando se fai difícil aceptar algunhas realidades que nos fan dano, votar man desta enchente de amor pra sentirnos arroupados.Mentiras, din algúns. Historias humanas baseadas nun medo antropolóxico sen superar, din outros. Ata hai quen di, que se non existiran deberíamos inventalas.

Fermosa idea cando levanta paixóns, cando forma un equipo que compite e se supera, que une a xentes dun mesmo pensamento. Vendo a tristura reflexada nas facianas dos penitentes cando a choiva lles impide ensinar ó mundo a imaxe venerada, pódese ver como algo fermoso, humano. Cando se pasa ese límite de rivalidade sa, e se maltrata o propio corpo flaxelándose, ou peor aínda, imitando ó crucificado, creo que comezamos a entrar nun radicalismo cruel, enfermo, que algo patina.

Cústanos atopar ese termo medio que leva á moderación. Gústanos pasar a liña roxa. Dantesco espectáculo de corpos sangrantes deitados no chan na procura dunha pretendida redención. Demasiadas cruces inventadas cando son suficientes as que a cada quen nos tocan de serie.

é primaverahttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/04/20/e-primavera2011-04-20T11:23:32Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Orballa lentamente, pingueiras ingrávidas que se resisten a abandonar o espazo xogan a columparse antes de caer su...

Orballa lentamente, pingueiras ingrávidas que se resisten a abandonar o espazo xogan a columparse antes de caer suaves sobre o verde campo e abeberar o natural xardín. Nubes pechas camiñan en formación debuxando de gris sombrías figuras, e deixando no que escribe sensacións de soidade que raian os límites da depresión. Primavera florida, xardín de colores variados que cobren canto o ollo alcanza, branco da humilde xesta con arrecendos doces, arco da vella pintado sobre o extenso campo. E chove.

Escuros recordos pululan arredor de min traendo imaxes do pasado, recordándome os momentos máis escuros. Será a xoven primavera que coa súa forza xuvenil pasou levantando esquecidos recordos. Será quizás esta choiva húmida que vai calando nos desleixados corpos que se resisten a deixar pasar a forza da primavera. Non o sei.

Ollo a través da fiestra e apodérase a melancolía, a deixadez. Un raiolo despistado entra, pasa e desaparece deixando sensación de vida, de futuro máis luminoso, de renacer. ¡Quen sabe! Quizá non existan as famosas estacións. Quizá, a humana cabeza invente cambios alí onde nada se move, pero chove.

cousas que fan falarhttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/04/19/cousas-fan-falar2011-04-19T15:38:57Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Remato de ler un escrito do señor Arturo Pérez Reverte con data, -26-02-2011, un escrito, que alguén que me quere ...

Remato de ler un escrito do señor Arturo Pérez Reverte con data, -26-02-2011, un escrito, que alguén que me quere me mandou; nel, incita á poboación a se manifestar en contra de tódalas inxustizas que contra os máis humildes se están a dar nos derradeiros anos, estes que a crise - que non propiciamos- nos esta facendo pagar. Arenga tamén, sobre os soldos abusivos dos políticos e as súas prebendas; e chama á manifestación popular ó tempo que nos pregunta ¿sondes idiotas?

Señor Reverte, salvo que vostede non pertenza á mesma raza ca nos, que caera dun piñeiro ou chegase de Xúpiter, debería dicir, ¿somos idiotas? Porque á medida que ía lendo o manifesto, máis me recordaba vostede a aquel - filósofo- o señor Séneca, que escribía para os pobres con pluma de ouro. Pregúntase vostede, ¿onde está a xente, que levantan masas para o fútbol e non defende os nosos dereitos?

Parece, que vostede se suma a recibir dereitos cando as masas os consigan deixando a pel no empeño, pero non quer lixarse formando parte desas masas ás que lle dirixe a pregunta, ¿sondes idiotas? Fartos estamos de recibir arengas que incitan á rebelión por parte dos que quedan mirando na tele como van as cousas, e xa que se pregunta onde están as masas, direillo: as masas como vostede lle chama: están lidando a máis dura das batallas, a de chegar a fin de mes sen morrer no intento.

As masas, que non son idiotas, saben que todos temos parte nesta crise, que si ben comezou pola venda de paquetes -basura- todos axudamos a crear eses paquetes mercando pisos que sabíamos non íamos pagar. Os avarentos- como vostede lle chama- ofrecéronos diñeiro cegados pola avaricia do ouro, e nos, asistimos á xogada fácil -á de coller troitas coas bragas enxoitas- pensando sacar tallada sen esforzo.

Gústame que os intelectuais se poñan do lado das masas, sobre todo os que viven desas masas, pero entenda señor Reverte, que todos temos algo de culpa, e que a culpa repartida pesa menos, incluídos, os que coma vostede chegan folgados á fin do mes. Polo demais, totalmente de acordo con vostede.

un contohttp://queixa.espacioblog.com/post/2011/04/17/un-conto2011-04-17T15:28:41Z ALGUNHAS COUSAS MIÑAS
Avó, porqué non me contas un conto?
Mira fillo, os contos son os pais os que deben contalos, os avós perdemos parte d...

Avó, porqué non me contas un conto?

Mira fillo, os contos son os pais os que deben contalos, os avós perdemos parte da nosa alegría no camiño e de contarche algo, de seguro sería reivindicativo, falaría de inxustizas ou sería triste.

Pois cóntamo triste, fálame deses contos de inxustizas que coñeces, deses problemas laborais que tiñades cando erades novos, pero cóntame algo. Porfi.

Vale, contareiche algo con unha condición,

Vale, vale, cóntame.

Antes terás que prometerme tres cousas, primeira, que non o volverás a contar a ninguén, o que se di, a ninguén. Segunda, que unha vez que che conte este conto, intentarás esquecelo coma se nunca o escoitaras. E terceiro, que pase o que pase, non me interromperás con preguntas ata que remate.

Vale, vale, cóntamo.

Non sen antes prometerme as tres cousas.

Prométocho avó, e cumprireino tal coma ti queres.

De acordo, sendo así, contareicho: pasou hai moitos anos isto que che vou contar, tantos, que aínda a túa nai non nacera.

Daquela, aínda a xente andaba tirando tiros uns aos outros, morrían nenos tódolos días por falta de pan, de auga ou de menciñas das que hoxe votamos ó lixo, a xente non tiña conciencia do ben común, a auga, os espazos públicos, o aire limpo. Había probes e ricos, isto quer dicir, que algunha xente tiña de sobras, e outros, os máis, pasaban fame. Había países que estaban sometidos á forza doutros porque eran máis grades máis fortes, porque a política do momento facíaos interesantes ou polo feito de ter pozos de petróleo. Os que mandaban insultábanse entre eles polo poder, mentíanlle os mesmos que lle votaban e ata había quen collía diñeiro do que era de todos.

Que sorte temos avó de non nacer daquela.

Si, tes razón, tiveches moita sorte.

Pois ben, o conto, que ten moito de realidade, vai dun neno coma ti. listo coma ti, guapo coma ti, pero tivo a mala sorte de nacer nun deses países pequenos, sometidos a unhas leis impostas por outros, e que se negaban a aceptar. Estaba exiliado nun recuncho do deserto do Sahara, chamábase, ou querían eles que se chamara, República Democrática Saharauí.

Este neno, que de nome se chamaba Ahmed, con sete anos recen cumpridos, tivo que deixar ós pais, avós e amigos pra vir pasar dous meses ó noso país cunha xente que non coñecía.

Avó, pero iso non é malo, eu tamén vou de vacacións e pásoo ben.

Certo, pero el viña porque na súa casa non lle podían dar cousas que necesitaba, cousas coma froitas ou verduras, pescado fresco ou aceite. Ademais, na súa casa esperaban que as xentes que o acollían lles mandasen cousas, cousas que eles non podían mercar.

E así comezou aquela aventura o noso amigo. Chegou xunto con outros nenos coñecidos, nenos que tiñan as mesmas necesidade que o do noso conto. Chegaron nun autobús que os foi a buscar ó aeroporto de Santiago e os trouxo ata Ourense. Viñan contentes porque canto vían lles parecía raro, diferente ó seu, e porque eran nenos e non sabían canto tempo eran dous meses.

Naquela praza onde baixaron, moreas de homes e mulleres esperaban pra recollelos, algúns xa viñeran máis veces e alegrábanse de atopar ás xentes que coñecían. O noso amigo foi quedando só, os compañeiros ían saíndo e marchando con alguén. El esperaba ollando aquelas caras, pensando, cál será deses o que me leve? Pasou o tempo e xa comezaba a ter gana de mexar, xa o estómago pedía algo de comer, pero como a súa nai lle dixera: que ninguén te vexa chorar, recorda que temos que ser máis fortes pra chegar a ter un país: intentaba manter o sorriso nos beizos, a cabeza alta, a mirada forte. Só cando lle tocou o turno e lle dixeron: irás con estes señores, pórtate ben: saíu a única bagoa que verteu naqueles dous meses.

O primeiro día pasou deseguida; foron almorzar á casa dunha filla destes señores que vivía na cidade. Comeu galletas e leite mentres ollaba os debuxos animados que ían aparecendo na televisión, era unha televisión diferente da que coñecía, ata tiña un mando que podía cambiar as cadeas, foi fantástico o descubrimento, tanto, que esqueceu nun intre o lonxe que estaba da súa casa.

Mercaron zapatos pra el e roupa interior, pero aínda non conseguira asimilar todo aquel cambio e durmiu parte da viaxe cara á nova casa onde pasaría sesenta días.

Avó, esas cousas nunca pasaron de non ser nos contos verdade?

Claro, que eu saiba, nunca deberon pasar.

Cóntame mais cousas do neno.

Ó segundo día, foi cando comezou a ver a realidade, a darse conta da gran diferenza daquel lugar comparado co seu, foi, cando lle entrou a morriña. Falou coa súa nai por teléfono e sentiuse mellor, máis arroupado, ademais a nai prometeulle chamalo de cando en vez, e iso deulle ánimos. Coñeceu os arredores do pobo, algunha persoa, e algo que lle gustou moito, unha piscina. Nunca vira unha piscina nin tanta auga xunta, porque onde nacera, era un lugar moi seco, sen árbores, sen herba, sen auga corrente nin baño, a cambio, tiña moreas de amigos e un enorme lugar cheo de area onde xogar ó balón. A pesares de canto vía e lle ofrecían, sentía unha forte anguria que se refrexaba na faciana, unha dor interior que só os que viviron situacións parecidas poden describir. Agarrou a man do home que falaba co seu irmán, dono da piscina, e díxolle no oído: ímonos: a onde, preguntou o home, á casa, dixo o neno cheo de tristeza. Fóronse, no camiño, o neno turraba polo home da man pra que andara á presa; terá gana de ir ó baño, pensaba o home ó tempo que apuraba o paso e íase iluminando a cara do neno, ó chegar, púxose o lado do teléfono esperando a chamada da nai, daquela, foi o home o que sentiu que lle apremaban o peito, porque tamén coñecía o que era estar lonxe do seu lugar, dos seus.

Que triste avó, creo que tiñas razón cando me dixeches que son os pais os que deben contar os contos. A mamá contoume unha vez dun neno que pasara un verán na súa casa, pero era divertido e dicía cousas graciosas, e seica xogaba ben á pelota.

Quedou pensativo o avó mentres colléndose da man e lentamente camiñando dicía: si, pode que estea trabucado, ou que ese fose outro conto.