ALGUNHAS COUSAS MIÑAS http://queixa.espacioblog.com EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER es-es Música recuerdos mis cutres http://s3.amazonaws.com/lcp/queixa/f/b11c20a9a577e0ca21bdbed61839c473.jpg ALGUNHAS COUSAS MIÑAS http://queixa.espacioblog.com the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com a boltas coa memoria http://queixa.espacioblog.com/post/2009/12/01/a-boltas-coa-memoria 2009-12-01T13:10:04+00:00  

                                                 

 

Non é a memoria histórica a que nos doe, a que empurra unha bagoa de rabia contida, a que roe nas  entrañas cando aparece o pasado, cando o silencio se converte en recordo, non, non é o nome do titular o importante. O que roe unha e outra vez é, a memoria.

 Cando pasen os anos, cando a memoria durma o sono da paz, deixará de turrar no peito a rabia, durmirá o recordo dunha guerra cruel, non da guerra dos frontes ateigada de gritos, de balas e arámeos de espiño, de heroes  e heroínas, senón, da guerra dos rancores, dos paseos na noite, dos gritos agochados por o medo, da xenreira desatada. De canto malo hai agochado na miseria humana.

Esa memoria que recorda os domingos de misa imposta, de sermón apaixonado en favor dos ganadores, de miradas inquisitivas, de traxes manchados de sangue amiga. Esa memoria que perdoa pero non esquece. Quén pode prender á memoria! Quén esquecer un exilio forzado, quen esquecer aquel avó, tío ou pai  enterrado no monte por defender ca palabra o que consideraba xusto. Non, non é a historia con ou sen memoria, a que ten que saír á luz, é a verdade, esa verdade que estivo agochada por o poder da forza.

 Claro que non existen bandos bos e malos, a maldade non ten signo político, agóchase en tódolos estamentos sociais, pero mentres  uns mortos foron chorados en publico baixo o signo da cruz, outros foron chorados en segredo por medo as represalias, e iso non se pode borrar da memoria.     

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/12/01/a-boltas-coa-memoria#comentarios
as miñas desculpas http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/30/as-minas-desculpas 2009-11-30T22:46:23+00:00  

 

Días atrás, falabamos dun caso que nos horrorizaba a todos, o caso dunha nena de tres anos que era morta por malos tratos. A primeira noticia falaba de abusos sexuais e multitude de traumatismos que a levaran a un estado de coma profundo. Eu, e supoño que moitos cidadáns deste país, sentimos esa rabia que da a impotencia, algúns, eu entre eles, escribín sobre o caso intentando denuncialo, dalo a coñecer, pra que si era posible, castigar ó culpable, neste caso ó pai, ou compañeiro da nai, e que non volvera a ocorrer unha barbaridade semellante.

No día de hoxe, sae á luz unha noticia ben diferente:  a pobre nena morreu a causa dun golpe derivado da caída dun columbio. ¡pobre pai! Canto debeu sufrir a perda da súa nena, da inxustiza que estaban a cometer ca súas persoa, da impotencia do cárcere, e todo, por a precipitación dun médico, e do ensañamento duns medios de comunicación famentos de sangue, ¡pobre do que caia nas súas mans!

E agora qué? Quén lle volverá o crédito despois de percorrer toda a xeografía e parte do estranxeiro?  Polo que a min toca, pido humildemente perdón, e prometo pensalo dúas veces antes de facer caso de calquera noticia, de calquera cousa radiada, escrita ou televisiva  que se diga neste país. Sempre é desgraza unha morte, mais cando se trata dun cativo, pero tamén é desgraza non poder confiar nos nosos medios de comunicación.         

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/30/as-minas-desculpas#comentarios
ser muller http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/25/ser-muller 2009-11-25T11:43:09+00:00  

 

Muller, solo unha palabra, pero que cando se cambia a nai, significa todo o bo do xénero humano. Significa privacións, perda de liberdade, amor sen límites. Significa apoio e comprensión, moitas oras de vixía, e a mellor amiga de por vida.

Sigue sendo a mesma muller, a que un día vimos por primeira vez e nos cativou co seu sorriso. Nunca saberemos  cando cambiou a nosa mirada, cando deixamos de ver a unha nai, e vimos a outra persoa. Pero ela, sempre será esa nai, esa irmá, esa amiga, solo é unha cuestión de semántica. Se dicimos nai, é intocable, se dicimos compañeira, pode ser de todo, ata escrava.

Nunca debemos necesitar un día contra a violencia de xénero. Nunca o xénero deveu facer distincións entre persoas. Nunca se deveu permitir que ditos tales como: á muller e á mula, cada día unha zurra: nunca deveu suceder impunemente, porque esa muller puido ser a túa nai.

Unha aperta solidaria a tódalas mulleres deste planeta, en especial, ás que seguen esperando cada día o milagre da igualdade, milagre que non virá mentres necesitemos deste día.      

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/25/ser-muller#comentarios
o pecado da razón http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/19/o-pecado-da-razon 2009-11-19T17:48:07+00:00  

Cando deus fixo o reparto da razón, fóiselle a man na medida. Tan grande foi a fartura, que nos deixou cheos de razón pra o resto das nosas vidas. Tiñan razón, tódolos -Francos -da historia cando masacraban inocentes en Guernica, en Arxentina, México ou Irán. Cheos estaban dela os inquisidores mais belixerantes, ata os piratas ten a súa razón. Tal foi a enchente, que chegaron moréas de razóns ata os nosos días.

Ten razón o goberno cando defende o seu modelo enerxético, de defensa, institucional ou económico. Ten razón a oposición cando critica calquera cousa que o goberno faga, ou non faga. Ten razón, porque ata eu que teño a miña razón, penso que todo é mellorable.

Agora o problema que se nos presenta é, a quen crer se todos temos razón, como separar unha razón interesada e partidista, doutra razón ó servizo da maioría dos cidadáns. Vendo o espectáculo que se está a dar co apreixamento e liberación do pesqueiro Alacrana, creo que mais ca un regalo ó momento das dávidas, o que pretendeu o Señor, foi castigarnos cun novo pecado que confundise mais, se cabe, a este babel de razóns.   

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/19/o-pecado-da-razon#comentarios
Espasa pobo queixa http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/17/espasa-pobo-queixa 2009-11-17T18:35:15+00:00  

 

 Espasa, pobo de Queixa 

                                             SOMALIA

Cando se pensa en Somalia, ninguén pensa nos seus mortos inocentes, ós que sen querer se viron asexados dos francotiradores, das balas que esperan atopar a diana inocente. O consello dos ministros europeos, non pensa na fame que fai saír do lugar seguro ós inocentes, pensa, en defender ós votantes que se poden perder se seguen apreixando barcos.

 Deciden gastar o diñeiro que compra alimentos, en formar militares do país pra que os defendan. Gastar en mais balas, deixar que a xustiza siga cos ollos vendados. O mundo, segue un camiño distinto ó lóxico, ó que calquera persoa normal seguiría, por unha razón, -porque a lóxica foise perdendo no camiño da avaricia.

Avaros, os podentes armadores, que dende lugar seguro mandan traballadores a pescar en augas que non lles pertencen, que non pagaron nin pediron permiso pra pescar, ¡se non hai goberno, aproveitemos a ocasión! Cando sae mal, a culpa é do goberno do seu país, se sae ben, é diñeiro poderoso. Diñeiro, que non axuda ós inocentes que cada seis segundos perden a vida por culpa da dura enfermidade- a fame.

Avaricia, que un día tornará ó principio- a famosa cadea que nos vai apreixando ata rematar en nos. Tornaremos ó principio, cando  non teña fácil solución, cando a fame traia ata nos ós inocentes que esquilmamos, e reclamen o seu deito a existir.

   

 

 

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/17/espasa-pobo-queixa#comentarios
Branca neboa escribia na paisaxe o seu humido alento http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/16/branca-neboa-escribia-na-paisaxe-o-seu-humido-alento 2009-11-16T13:07:51+00:00  

A branca néboa, escribía na paisaxe o seu húmido alento arrincado dos regatos da montaña. Augas brancas con sabor a natureza que alzan o seu bruar como berróns en celo. Días de outono, de vento desatado e auga a fartar. Planeta de contrastes.

Bule o lume na lareira ó son do vento. Ti mais eu, un mundo de silencio. Vate con forza o vento nas árbores, zoa o eco na fraga de San Cristovo. Levanto a vista do libro que estou a ler, e rumio as palabras tráxicas que Rosa Aneiros me vai contando en -Sol de inverno. Ti, sorrís imbuída nos teus pensamentos. ¡ quén sabe en que lugar están!

As oras parecen iguais, a choiva cae con forza. Pensamentos que nos levan a vivir varias veces os mesmos momentos. Oras que marcaron as nosas vidas de por vida. A primeira comuñón, o primeiro contacto dos beizos ca persoa amada, o nacemento dos fillos, a responsabilidade de novas vidas, o medo ó incerto futuro. Quizá ese sorriso sexa froito dos mesmos recordos, quizá estea abrandando co tempo, pero sabes, pode que este momento sexa mañá un fermoso recordo. ¡quén sabe!      

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/16/branca-neboa-escribia-na-paisaxe-o-seu-humido-alento#comentarios
as nosas señorias http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/13/as-nosas-senorias 2009-11-13T13:04:02+00:00  

Longas noites de insomnio esperan ás nosas señorías, de medrosos pesadelos ante o incerto futuro dunha excomunión, ou a sensata tarefa de aprobar a nova lei sobre o aborto. Sobre as súas privilexiadas cabezas pende a terrible espada bíblica. Retorna ós seus comezos a santa nai da man dos novos iluminados. Das novas cabezas pensantes que ante o medo de perder privilexios, reaccionan utilizando a única arma que noutrora deu os seus froitos- o medo- esa arma poderosa que levaba á queima a cantos  ousaban enfrontarse ó poder.

Lonxe nos parecían  os tempos da inquisición, pero ó parecer, todo é cíclico, todo retorna ó seu. As sete bacas fracas que Xosué prognosticaba noutrora, estanse manifestando neste intre. Esperemos que non retorne a maldición do xofre fervendo, aquel que soterrou a Sodoma e Gomorra. Esperemos, que estes iluminados acaden mellor negociación, en chegando o caso, que a  que tivo Abraham, que utilicen ese poder que ó parecer teñen, pra salvarnos da queima, no caso de que aínda quede un bo na terra.

Espero, que despois do famoso catecismo mais a actual excomunión, non queiran, aproveitando a coiuntura, impoñer novamente os -diezmos- mais as -bulas, porque ó paso que imos, rematarán esixindo o dereito de -pernada, sempre, no nome de deus.   

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/13/as-nosas-senorias#comentarios
deuses de palla http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/12/deuses-palla 2009-11-12T15:46:49+00:00  

¡Qué difícil é, aceptar a idea de que estamos solos! De que aquel deus, que de pequenos nos presentaron como salvador, redentor e amigo inseparable, nos abandonou á sorte que rexe o universo- ó caos absoluto. Quixemos de grandes aferrarnos á bondade, ese sentimento que move ó home a sentir tenrura dun desvalido animal, dun gato sen dono que miaña á súa porta en busca de alimento, de algo que levar á boca.

Implacables son os designios do señor, duro de corazón cando deixa á auga caer sen tino, arrasando vidas humanas e levando mesturado na corrente, ilusións, fe, presente e futuro de xentes sinxelas que ollaron cara o ceo en busca de clemencia, de axuda, sen atopar resposta.

Duro de corazón, cando contempla impávido o lume que el mesmo creou na Palestina dos nosos antergos ca soia idea de meter medo,  e que arrasa facendas e pobos descontrolado, enviando a auga alí onde ninguén a necesita. Levando miseria, soidade e fame ós pobos que habitan os desertos, lugares onde a choiva pasa sen se pousar, porque el, o señor que todo o pode, descansa esperando o día de xulgarnos, de separar bos e malos pra exercer a xustiza divina, sabendo como sabe, que é aquí, nesta terra que el mesmo creou da nada pra disfrute da gran obra, o home, onde necesitamos da súa presenza, do seu poder, pra levar a bo termino o gran reto do home actual, o sacrificio de chegar á fin do mes.

Sentíndoo, como se sente toda perda, dubidamos da súa presenza entre nos. Comezamos a sentir a decepción do engano, e inventamos moreas, centos de deuses, esperando que algún deles sexa o verdadeiro, o que arranxe o caos ó que nos levaron os americanos ó mando do único home deste século, que era quen de falar de ti a ti co noso señor, o presidente buhs. Caemos na conta, de que a maioría destes deuses modernos son soamente -deuses de palla- ilusións creadas, igual ó lume da famosa zarza que o contos dos contos- a biblia- nos relata.      

 

          

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/12/deuses-palla#comentarios
os muros http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/09/os-muros 2009-11-09T12:25:18+00:00 libre de muros, de xenreiras e vaidades, só ti, amigo gato 

 

Hoxe, cúmprese o vinte aniversario da caída do muro da vergonza, aquel que separaba non só a Europa, senón, e isto é mais importante, as persoas e as ideas. Hai poucos días, escribía neste espazo sobre os muros, uns que caeron, e outros que se levantan- Estados unidos e México- Palestina e Israel, muros físicos que separan a familias e amigos, e que afondan mais na xenreira entre humanos.

Hoxe, quérome referir aos outros muros, ós muros das ideas, das diferenzas, dos intereses. Eses muros tan difíciles de derribar, muros virtuais baseados  na cor da pel ou no lugar de nacenza. Muros entre xitanos e paios, entre católicos e agnósticos, entre pobres e ricos, entre militantes de diferentes partidos políticos, entre persoas da mesma especie que habitan o mesmo planeta, que padecen as mesmas enfermidades, a mesma morte.

Muros, que tódalas confesións relixiosas da terra, levantaron e aumentaron pra mellor vender ó seu deus. Todas predican a pobreza e visten mantóns de seda.  Todas falan da humildade dende tribunas forradas de ouro. De caridade e igualdade co bandullo cheo.  Filósofos, pensadores e ideólogos que falan da igualdade universal como norma, e viven afastados do mundo que os rodea pra non se contaminar. Políticos que pregoan a igualdade e aumentan os haberes mentres o pobo pasa fame. Muros que pasarán séculos antes de que desaparezan.    

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/09/os-muros#comentarios
a corrupción http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/04/a-corrupcion 2009-11-04T12:28:02+00:00  

Ese pecado  que é considerado venial por a maioría ( a corrupción) non é igual en tódolos lugares do territorio español, en Galicia que é o que máis coñezo, non só non se considera venial, senón que é considerado (normal) en moitas comunidades, entre elas, as dos gandeiros e mariñeiros, que nalgún momento non lonxano, foron as mais importantes dentro da economía do noso país. Coñecido de todos era o refrán: o que non rouba nin fode, é por que non pode.

Entre gandeiros que é o que mais coñezo, por ser do interior, non soamente era considerado normal a picaresca, senón que se formaban pequenas mafias de profesionais, pra mellor engaiolar ou (timar) ó comprador, que na maioría dos casos era o mais pobre. Cando vían ó paisano interesado no animal en venta, achegábase un e gritaba dende lonxe: dásma no que che mandei ho! O outro dicía que non, que valía moito mais, así ían achegándose a un prezo elevado, ata que quedaban por cen pesos. Ía o paisano dándoas de espaviádo ofrecendo vinte pesos menos, e levando a vaca mais cara da feira, despois, repartíanse ganancias e ríase a escachar.

Foron cambiando os tempos e fóronse acabando as feiras de gando, pero a idea segue latente. Ninguén o di, pero todos o coñecen. Cando un alcalde destes pequenos concellos da unha obra a un construtor, sabe que algo recibirá a cambio, ¡porque sempre foi así!

Dicía un refrán: o que rouba a un ladrón, ten cen anos de perdón: Segue vixente a idea de que o ladrón é, o estado. Ese ente que non ten personalidade propia,  que malgasta os nosos diñeiros, e que soamente   serve pra dar subvencións.         

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/04/a-corrupcion#comentarios