ALGUNHAS COUSAS MIÑAS http://queixa.espacioblog.com EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER es-es Música recuerdos mis cutres http://s3.amazonaws.com/lcp/queixa/f/b11c20a9a577e0ca21bdbed61839c473.jpg ALGUNHAS COUSAS MIÑAS http://queixa.espacioblog.com the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com o pecado da razón http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/19/o-pecado-da-razon 2009-11-19T17:48:07+00:00  

Cando deus fixo o reparto da razón, fóiselle a man na medida. Tan grande foi a fartura, que nos deixou cheos de razón pra o resto das nosas vidas. Tiñan razón, tódolos -Francos -da historia cando masacraban inocentes en Guernica, en Arxentina, México ou Irán. Cheos estaban dela os inquisidores mais belixerantes, ata os piratas ten a súa razón. Tal foi a enchente, que chegaron moréas de razóns ata os nosos días.

Ten razón o goberno cando defende o seu modelo enerxético, de defensa, institucional ou económico. Ten razón a oposición cando critica calquera cousa que o goberno faga, ou non faga. Ten razón, porque ata eu que teño a miña razón, penso que todo é mellorable.

Agora o problema que se nos presenta é, a quen crer se todos temos razón, como separar unha razón interesada e partidista, doutra razón ó servizo da maioría dos cidadáns. Vendo o espectáculo que se está a dar co apreixamento e liberación do pesqueiro Alacrana, creo que mais ca un regalo ó momento das dávidas, o que pretendeu o Señor, foi castigarnos cun novo pecado que confundise mais, se cabe, a este babel de razóns.   

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/19/o-pecado-da-razon#comentarios
Espasa pobo queixa http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/17/espasa-pobo-queixa 2009-11-17T18:35:15+00:00  

 

 Espasa, pobo de Queixa 

                                             SOMALIA

Cando se pensa en Somalia, ninguén pensa nos seus mortos inocentes, ós que sen querer se viron asexados dos francotiradores, das balas que esperan atopar a diana inocente. O consello dos ministros europeos, non pensa na fame que fai saír do lugar seguro ós inocentes, pensa, en defender ós votantes que se poden perder se seguen apreixando barcos.

 Deciden gastar o diñeiro que compra alimentos, en formar militares do país pra que os defendan. Gastar en mais balas, deixar que a xustiza siga cos ollos vendados. O mundo, segue un camiño distinto ó lóxico, ó que calquera persoa normal seguiría, por unha razón, -porque a lóxica foise perdendo no camiño da avaricia.

Avaros, os podentes armadores, que dende lugar seguro mandan traballadores a pescar en augas que non lles pertencen, que non pagaron nin pediron permiso pra pescar, ¡se non hai goberno, aproveitemos a ocasión! Cando sae mal, a culpa é do goberno do seu país, se sae ben, é diñeiro poderoso. Diñeiro, que non axuda ós inocentes que cada seis segundos perden a vida por culpa da dura enfermidade- a fame.

Avaricia, que un día tornará ó principio- a famosa cadea que nos vai apreixando ata rematar en nos. Tornaremos ó principio, cando  non teña fácil solución, cando a fame traia ata nos ós inocentes que esquilmamos, e reclamen o seu deito a existir.

   

 

 

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/17/espasa-pobo-queixa#comentarios
Branca neboa escribia na paisaxe o seu humido alento http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/16/branca-neboa-escribia-na-paisaxe-o-seu-humido-alento 2009-11-16T13:07:51+00:00  

A branca néboa, escribía na paisaxe o seu húmido alento arrincado dos regatos da montaña. Augas brancas con sabor a natureza que alzan o seu bruar como berróns en celo. Días de outono, de vento desatado e auga a fartar. Planeta de contrastes.

Bule o lume na lareira ó son do vento. Ti mais eu, un mundo de silencio. Vate con forza o vento nas árbores, zoa o eco na fraga de San Cristovo. Levanto a vista do libro que estou a ler, e rumio as palabras tráxicas que Rosa Aneiros me vai contando en -Sol de inverno. Ti, sorrís imbuída nos teus pensamentos. ¡ quén sabe en que lugar están!

As oras parecen iguais, a choiva cae con forza. Pensamentos que nos levan a vivir varias veces os mesmos momentos. Oras que marcaron as nosas vidas de por vida. A primeira comuñón, o primeiro contacto dos beizos ca persoa amada, o nacemento dos fillos, a responsabilidade de novas vidas, o medo ó incerto futuro. Quizá ese sorriso sexa froito dos mesmos recordos, quizá estea abrandando co tempo, pero sabes, pode que este momento sexa mañá un fermoso recordo. ¡quén sabe!      

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/16/branca-neboa-escribia-na-paisaxe-o-seu-humido-alento#comentarios
as nosas señorias http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/13/as-nosas-senorias 2009-11-13T13:04:02+00:00  

Longas noites de insomnio esperan ás nosas señorías, de medrosos pesadelos ante o incerto futuro dunha excomunión, ou a sensata tarefa de aprobar a nova lei sobre o aborto. Sobre as súas privilexiadas cabezas pende a terrible espada bíblica. Retorna ós seus comezos a santa nai da man dos novos iluminados. Das novas cabezas pensantes que ante o medo de perder privilexios, reaccionan utilizando a única arma que noutrora deu os seus froitos- o medo- esa arma poderosa que levaba á queima a cantos  ousaban enfrontarse ó poder.

Lonxe nos parecían  os tempos da inquisición, pero ó parecer, todo é cíclico, todo retorna ó seu. As sete bacas fracas que Xosué prognosticaba noutrora, estanse manifestando neste intre. Esperemos que non retorne a maldición do xofre fervendo, aquel que soterrou a Sodoma e Gomorra. Esperemos, que estes iluminados acaden mellor negociación, en chegando o caso, que a  que tivo Abraham, que utilicen ese poder que ó parecer teñen, pra salvarnos da queima, no caso de que aínda quede un bo na terra.

Espero, que despois do famoso catecismo mais a actual excomunión, non queiran, aproveitando a coiuntura, impoñer novamente os -diezmos- mais as -bulas, porque ó paso que imos, rematarán esixindo o dereito de -pernada, sempre, no nome de deus.   

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/13/as-nosas-senorias#comentarios
deuses de palla http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/12/deuses-palla 2009-11-12T15:46:49+00:00  

¡Qué difícil é, aceptar a idea de que estamos solos! De que aquel deus, que de pequenos nos presentaron como salvador, redentor e amigo inseparable, nos abandonou á sorte que rexe o universo- ó caos absoluto. Quixemos de grandes aferrarnos á bondade, ese sentimento que move ó home a sentir tenrura dun desvalido animal, dun gato sen dono que miaña á súa porta en busca de alimento, de algo que levar á boca.

Implacables son os designios do señor, duro de corazón cando deixa á auga caer sen tino, arrasando vidas humanas e levando mesturado na corrente, ilusións, fe, presente e futuro de xentes sinxelas que ollaron cara o ceo en busca de clemencia, de axuda, sen atopar resposta.

Duro de corazón, cando contempla impávido o lume que el mesmo creou na Palestina dos nosos antergos ca soia idea de meter medo,  e que arrasa facendas e pobos descontrolado, enviando a auga alí onde ninguén a necesita. Levando miseria, soidade e fame ós pobos que habitan os desertos, lugares onde a choiva pasa sen se pousar, porque el, o señor que todo o pode, descansa esperando o día de xulgarnos, de separar bos e malos pra exercer a xustiza divina, sabendo como sabe, que é aquí, nesta terra que el mesmo creou da nada pra disfrute da gran obra, o home, onde necesitamos da súa presenza, do seu poder, pra levar a bo termino o gran reto do home actual, o sacrificio de chegar á fin do mes.

Sentíndoo, como se sente toda perda, dubidamos da súa presenza entre nos. Comezamos a sentir a decepción do engano, e inventamos moreas, centos de deuses, esperando que algún deles sexa o verdadeiro, o que arranxe o caos ó que nos levaron os americanos ó mando do único home deste século, que era quen de falar de ti a ti co noso señor, o presidente buhs. Caemos na conta, de que a maioría destes deuses modernos son soamente -deuses de palla- ilusións creadas, igual ó lume da famosa zarza que o contos dos contos- a biblia- nos relata.      

 

          

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/12/deuses-palla#comentarios
os muros http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/09/os-muros 2009-11-09T12:25:18+00:00 libre de muros, de xenreiras e vaidades, só ti, amigo gato 

 

Hoxe, cúmprese o vinte aniversario da caída do muro da vergonza, aquel que separaba non só a Europa, senón, e isto é mais importante, as persoas e as ideas. Hai poucos días, escribía neste espazo sobre os muros, uns que caeron, e outros que se levantan- Estados unidos e México- Palestina e Israel, muros físicos que separan a familias e amigos, e que afondan mais na xenreira entre humanos.

Hoxe, quérome referir aos outros muros, ós muros das ideas, das diferenzas, dos intereses. Eses muros tan difíciles de derribar, muros virtuais baseados  na cor da pel ou no lugar de nacenza. Muros entre xitanos e paios, entre católicos e agnósticos, entre pobres e ricos, entre militantes de diferentes partidos políticos, entre persoas da mesma especie que habitan o mesmo planeta, que padecen as mesmas enfermidades, a mesma morte.

Muros, que tódalas confesións relixiosas da terra, levantaron e aumentaron pra mellor vender ó seu deus. Todas predican a pobreza e visten mantóns de seda.  Todas falan da humildade dende tribunas forradas de ouro. De caridade e igualdade co bandullo cheo.  Filósofos, pensadores e ideólogos que falan da igualdade universal como norma, e viven afastados do mundo que os rodea pra non se contaminar. Políticos que pregoan a igualdade e aumentan os haberes mentres o pobo pasa fame. Muros que pasarán séculos antes de que desaparezan.    

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/09/os-muros#comentarios
a corrupción http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/04/a-corrupcion 2009-11-04T12:28:02+00:00  

Ese pecado  que é considerado venial por a maioría ( a corrupción) non é igual en tódolos lugares do territorio español, en Galicia que é o que máis coñezo, non só non se considera venial, senón que é considerado (normal) en moitas comunidades, entre elas, as dos gandeiros e mariñeiros, que nalgún momento non lonxano, foron as mais importantes dentro da economía do noso país. Coñecido de todos era o refrán: o que non rouba nin fode, é por que non pode.

Entre gandeiros que é o que mais coñezo, por ser do interior, non soamente era considerado normal a picaresca, senón que se formaban pequenas mafias de profesionais, pra mellor engaiolar ou (timar) ó comprador, que na maioría dos casos era o mais pobre. Cando vían ó paisano interesado no animal en venta, achegábase un e gritaba dende lonxe: dásma no que che mandei ho! O outro dicía que non, que valía moito mais, así ían achegándose a un prezo elevado, ata que quedaban por cen pesos. Ía o paisano dándoas de espaviádo ofrecendo vinte pesos menos, e levando a vaca mais cara da feira, despois, repartíanse ganancias e ríase a escachar.

Foron cambiando os tempos e fóronse acabando as feiras de gando, pero a idea segue latente. Ninguén o di, pero todos o coñecen. Cando un alcalde destes pequenos concellos da unha obra a un construtor, sabe que algo recibirá a cambio, ¡porque sempre foi así!

Dicía un refrán: o que rouba a un ladrón, ten cen anos de perdón: Segue vixente a idea de que o ladrón é, o estado. Ese ente que non ten personalidade propia,  que malgasta os nosos diñeiros, e que soamente   serve pra dar subvencións.         

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/04/a-corrupcion#comentarios
as cores da vida http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/03/as-cores-da-vida 2009-11-03T11:45:46+00:00  

Como papel en branco son as nosas vidas. Un blog, onde as fadas do tempo van escribindo en cores a nosa historia con números. Cores brancos, cheos de ilusión na nenez. Cores de futuro, de fábulas soñadas a carón do príncipe mais valente, da princesa mais fermosa. Brancos espazos esperando ser enchidos por a pluma do tempo.

Cores de esperanza na mocidade, de fermoso verde claro ante un mundo onde a felicidade é, a meta a conseguir. Un mundo por descubrir, amores que dan vida, futuro incerto. Cores claros de ilusión  ante o fermoso regalo de novas vidas, ¡pequenos e adorables seres! Fillos que traen descoñecidos retos, novas perspectivas, novos horizontes, novos sonos.

Grises claros, cando os fillos comezan a ser o teu reflexo, o espello onde te sentes identificado. Tempo de transición, de outono nas nosas vidas, de vivir ilusións e fracasos alleos.

Escuros grises, enchen as derradeiras follas do noso blog, cando é chegado o tempo do reconto, do balance final. ¡Variados e cambiantes cores ó longo de sesenta e catro anos! Lonxe quedan as ilusións do descoñecido! Lonxe, os sonos dunha meta que semellaba posible. Cores grises de calma, de ver como blogs en branco  se abren cada día. Feliz de ter chegado á difícil meta.     

    

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/11/03/as-cores-da-vida#comentarios
os mortos inocentes http://queixa.espacioblog.com/post/2009/10/29/os-mortos-inocentes 2009-10-29T11:14:46+00:00  

A pesar de tódolos pesares, seguimos mantendo viva e ancestral idea de depredadores, de carnívoros pra os que a morte só forma parte do xogo da vida. Nin as ensinanzas, nin o tempo, conseguiron erradicar a peor das lacras que ameazan á humanidade ( a indiferenza)  . Día tras día, asistimos ás peores masacres dos derradeiros tempos. Seguimos utilizando a violencia pra conseguir o que non nos pertence por lei. E o mais penoso de todo é, que poucas veces nos fai pensar ou nos quita o sono.

A cotío vemos imaxes de atentados que deixan xente morta nas rúas, familias derruídas  que choran impotentes ás súas xentes sen poder facer nada. Na derradeira semana, escoitamos como unha bomba deixaba dous centos mortos en Iraq. Foi un segundo de interrupción da cea, un pequeno comentario, un punto e seguido na monotonía do cotián. Escoitamos onte: en Afganistán unha bomba nun mercado deixa cento cincuenta e seis mortos:  Despois, durmimos tranquilos sabendo que é moi lonxe onde as xentes se matan entre si, onde a violencia está á orde do día.

Nada cambia a nosa rutina. Escoitamos impávidos as noticias da violencia de xénero mentres tomamos o almorzo, nada nos afecta, estamos inmunizados, vacinados contra toda crase de violencia, porque fomos nos os inventores, os únicos carnívoros que quitan a vida aos seus semellantes. Non por necesidade ( que tamén se chega o caso) senón, por a primacía animal que nunca chegamos a superar. Xa poucos son os que se acordan, poucos os que amolecen ante a terrible inxustiza dos mortos inocentes, de tantos mortos (demasiados mortos) que impávidos contemplamos cada día coma quen mira chover.  

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/10/29/os-mortos-inocentes#comentarios
a política mal entendida http://queixa.espacioblog.com/post/2009/10/26/a-politica-mal-entendida 2009-10-26T12:06:52+00:00  

Nunca entendín, de verdade, o que significa - nacionalismo. Entendo, que cada quen defenda, queira e lle pareza o mellor lugar do mundo, aquel onde naceu. Ata podio entender, porque me ocorre, que escoitar o son dunha gaita, un chisto ou unha sardana, nos poña pel de galiña a galegos, vascos ou cataláns. Pero creo, que a calquera dos nacidos nestas comunidades, cando escoitamos o himno nacional lonxe de España, nos ocorre o mesmo.

Ninguén pode obviar a personalidade dos pobos,  no caso de Galicia, sería obviar a propia identidade, a os compoñentes da santa compaña que Castelao nos presenta na súa -Alba de gloria. É por iso, que entendemos ós pobos que defenden o seu. O que me custa entender é, que     dentro deste país, haxa alguén que fale de independencia, de separación.

De todos modos, e da maneira que temos deseñadas as autonomías, creo que é o pobo galego, o que menos conciencia ten da súa identidade, e menos sentido da oportunidade, digo isto, pensando no derradeiro debate sobre os presupostos do estado, onde a falta de dous deputados mais nos deixa só a oportunidade da retórica. Mentres os vascos arranxan as súas contas có apoio ó goberno, os cataláns o seu estatuto- que non é mais ca diñeiro- os galegos ca  nosa teima nacional, imos perdendo oportunidades,  e seguimos formando parte da España mais rica en pobres.

 Creo, que dous deputados mais no BNG, nos axudaría a, por o menos, estar á altura económica dos demais pobos de España, pero qué galego pertencendo ó  SOE, e menos ó PP, cambiará o seu voto en favor de Galicia? Quén cando vota ó alcalde pensa mais no pobo ca na súa idea política?

      

]]>
http://queixa.espacioblog.com/post/2009/10/26/a-politica-mal-entendida#comentarios