Á terra amiga
Debera a miña idade ser mais franco, falar abertamente das cousas que non me gustan, pero non, sigo sentindo o mesmo medo de sempre, prefiro agardar, ver pasar o tempo. Por unha vez volvinme paciente ante a vida. Nin os meses nin os anos ten a importancia de antes. Xa non teño a necesidade de facer cousas, nada me apura nin me agarda. Sinto a agradable sensación de contemplar o mundo dende o meu recuncho, ca tranquilidade que da saber que nada depende de min.
Cada quen ten un tempo onde pode manexar os fios que poden cambiar o seu futuro. Pasado ese tempo, so os necios pensan que poden seguir sendo o que foron. Todo ten un tempo e o noso pasou. Agardar é a premisa. Contemplar. Ver como os que buscan ese lugar loitan na mesma batalla que nos perdemos, a mesma que os a levar a derrota a que todos estamos condenados.
¡Quen diria que as dubidas aumentan co tempo. A medida que imos adquirindo mais experiencia van xurdindo mais dubidas, mais preguntas, mais incertezas ante as cousas que un día creramos controlar. Non hai cores nítidos, todo ten matices e sombras que nos fan dubidar ata de nos. ¿sera esa a experiencia que nos dician íamos coller co tempo? ¿quen responderá as dúbidas dos que ben detras? ¿existe un camiño?
So a idea desa terra amiga que sempre nos acolle no seu colo, sen cuestionar se o fixemos ben ou mal. Ela, co seu cariño de nai danos alimento e cobizo- cando o tempo e chegado- abre os seus brazos para liberarnos de nos. Esa idea de descanso sen límites, sen sobresaltos nin angurias,é a que axuda nos momentos de incerteza, porque nela, temos a eterna amiga que nos espera. Quizá, a única amiga que non nos fallará na derradeira cita..

A Nena dijo
Outros queremos pensar que o camiño é a loita e que a derrota non existe.
Non é certo que nada ten importancia e tampouco que podas quedar mirando pra as cousas coma se non tivesen que ver contigo, porque as cousas non son alleas a ti e serán dun xeito ou doutro segundo as mires.
É outra cousa. É entender que non hai respostas pra todo e non ter medo de nada.
20 Junio 2008 | 11:02 AM