Non importa o que fagas ou deixes de facer, que traballes en prol do pobo, do teu veneficio ou de ninguén. Se chegas a alcalde en Queixa tes o posto asegurado de por vida, é mesmo se tes algún herdeiro interesado en continuar no posto, podes apostar dez a un a que seguirá defendendo os cores da saga a perpetuidade.

Mazarocos, lles diria os que van a onde os levan, os que non ten personlidade própia, os que o momento de escoller os representantes que ha xestionar os poucos recursos que temos,collen a papeleta que lles pon na man sen pensar no seu pobo nin se este é o mellor xestor que temos.

Un día que pasaba por Celeiros - capital do concello- vin unha enorme construcción que lle grita o viaxeiro. Parei pra vela. Montada no cumio mais alto do pobo asemellaba un barco encorado. A medida que me ía achegando, ía sentindo bergoña de nos mentres pensaba- o que deixou facer esto no seu pobo non pode chamarse galego.- Está abandoada dende fai moito tempo, e segundo me dixeron as xentes do pobo- sen posibilidades de rematala, é menos de facela operativa.- tódolos preguntados por min estaban de acordo en dicir- é moi bon home, pero non é bo xestor, hai anos que non se fai nada-

Pasaron uns meses, tivemos novas eleccións municipais é -sorpresa- saiu elexido o mesmo alcalde por maioria absoluta. Se esto é o que hai, renuncio de ser galego. Se non sabemos difernciar entre amigos e políticos bos que fagan algo por o lugar onde vivimos, non temos dereito a crítica nin a chamarnos- galegos- magoa de pobo, era fermoso..