¡Quen o diria! donde onte era marexada, hoxe temos calma "chicha." Só coñecendo a historia deste colorido país se poden entender cambios tales. Hayer tenia criados/ hoy ninguno me servia. Laiábase o rei Rodrigo fai tempo.

Era onte, cando o noso insigne - fraga- daba unha couce en Santiago é resoaba en Madrid.Era onte cando o bigote de Aznar marcaba tendencias. Hoxe, nin se escoita aquel nin se divisa este. -só vaidades-

pero como sempre dende os albores dos tempos, ía ser un galego que co seu saber "culinario" conseguira con -elementos- dispares e ata incompatibles entre sí, facer a -minestra a gusto de todos. con dúas caras bonitas de fermosas damas españolas é o sorriso dun home que semella o anuncio dun dentrífico, conseguiu o noso paisano de Pontevedra compoñer o que fai dous días parecia imposible de recompoñer.

cando a sublevadas Aguirre é San Gil, o choroso Gallardón e o descontento Oreja amenazaban con rachar en dou o pp sen aparente solución, chegou un galego é- milagre- todos a unha como en Fuente Ovejuna. Parabens o noso paisano.

Agora, dende os estamentos mais baixos da nosa sociedade, escoitase latir con forza a tan temida pregunta. ¿ serán quén os novos actores o pp de esquecer por un momento a súa guerra privada, é co seu poder de persuasión convencer os seus amigos americanos, árabes, -amigos poderosos todos- que non suban mais o precio dos combustibles pra que poidamos respirar os mais pobres, ou seguiran erre que erre botándolle-la culpa a Zapatero sen se acordar de nos?¡quen sabe! mañá será outro día..