¿SEREMOS ASÍ?
certo día, escoitei o relato dun home xudeu que me suscitou esta pregunta. A súa vivencia resumida viña a ser esta: Fora preso por os alemáns é levado a prisión de Autbich, alí xunto con outros poucos, fora escollido pra recoller as roupas e perténzas dos que cada día eran <gaseados> Cando xa estaba preto o final da guerra, comezaran a deixar de vir remesas de xente ca mesma regularidade.
Foi entón cando comezamos a ter medo pensando que se non había -traballo- dicía- tamén nos gasearían a nos. Estabamos apagados, deprimidos. Cando unha mañá nos espertaron os gardas dicíndonos que estivesemos preparados que viña unha nova remesa, tiramos as puchas o aire de alegría sen pensar que eran xente coma nos, que o único delito que cometeran era ser xudeus igual ca cos: Dicíao chorando.
Pensaba eu que eso so pasaba noutros tempos, que de ser hoxe seria diferente, que somos mais intelixentes, mais humanos. ¡Pouco dura a legria na casa do probe! Cando a raíz da folga do transporte por estrada se comezou a falar que poderían escasear algúns alimentos, vendo a reacción da xente que eu pensaba -diferente- dinme conta de que é certo <somos así>
Non existía o menor perigo de pasar fame, o governo dixera que garantiría o abastecemento de alimentos a tódalos supermercados. Pero a nosa mente insolidaria optou por encher a nosa despensa sen importarnos o mais mínimo que alguén quedase sen nada porque nos , levábamos mais do necesario.
¿melloraremos algún día? ¿ seguro que temos alma é somos a imaxe e semellanza dun deus? de ser así >menudo elemento> só queixa se salva da queima. Aquí, no paraiso, non nos afectan os medos insolidarios das xentes do asfalto..Por agora..
