A PRIMEIRA DEFUNCIÓN
Hoxe, a vintecinco de xuño deste ano que corre sen tino, asistimos o derradeiro curso impartido no colexio de Chandrexa de Queixa con dous sentimentos enfrontados. dunha banda, o agarimoso recordo dun cetro de estudios que foi importante na preparación dos nosos fillos/as sobriños/as amigos/as que hoxe forman parte da xente de ben. Por outra, o medo, a incerteza no futuro dun edificio que ademais de moreas de cartos, costou algunha que outra loita por conseguilo. Difícil adiviñar o seu futuro sabendo que queda nas mans dos mesmos xestores da descomunal, fora de lugar é desafortunada residencia dos maiores de Queixa.
Non creo na predestinación nin sei cal será o futuro - no caso de existir- deste fermoso lugar,pero ben puidera ser este o inicio dunha desfeita anunciada. Un camiño sen retorno probable o que tódolos pobos están condenados. Pode, que nun futuro non lonxano, sexamos o recordo esquecido dun tempo pasado con difícil catalogación.
Nunca me gustaron as despedidas nin sei se esta o será, pero moito me temo que este fermoso edifício, pase a formar parte da esquecida colección propiedade do concello. Concello vello, museo, casa de cazadores é semellantes, mais un longo etcétera que os nosos xestores locais puxeron no libro dos- defenestrados- sen ningunha idea de futuro.
Rematarei cun dito da nosa zona inda que nunca estiven de acordo con el. <que sexa o que deus queira>

Amparo dijo
Podemos facer coma os de Montes (da Rúa) que organizaron unha marcha de 300 e pico km para salvar o pobo e cando cheguen o alcalde failles unha paparotada.... será boa, pois han levar unha fame!
Qué, imos avisando ao noso Sr. alcalde?
29 Junio 2008 | 06:01 PM