PENSAMENTO LABREGO
Poucos lugares no mundo haberá que tanto se resistan a cambiar as vellas ideas caciquís de medo o cambio, de arraigo o -noso- como en Chandrexa de Queixa. Inda hoxe , cando estamos dando os últimos alentos dun tempo en que só de pensaba en cobrevivir. Cando o campo era a táboa de salvación de miles de persoas e o labrego o dono da situación, o cacique de turno xunto co alcalde -moitas veces a mesma persoa- o cura, o mestre e mais o rico do pobo- os persoeiros a ter en conta e mesmo ter por amigos por medo a inxustiza reinante, seguimos sen perder o medo a ser nos mesmos, a pensar por nosa conta sen que o agochado aprendiz a cacique nos manexe a seu entoxo.
non se entende que o noso vello, desconfiado é ata malicioso labrego de Queixa, que desconfía dos veciños, que nunca di a verdade do que gaña, do que ten ou do que cobra de pensión, que cando necesita unha simple partida de nacemento, a ir a ver a un amigo que fale co alcalde pra que este fale co secretario ou encargado do xulgado. Que cando ten necesidade de ir o medico, teña que buscar o amigo do amigo do fillo pra ter alguén en quen confiar e sentirse asi mais importante co seu veciño. Así, cando cando todos estes os que un día pediu axuda necesitan do seu voto, presencia, ou apoio a A76 inda que non teñan idea de que vai, alí está o labrego de Queixa. Axudando así a perpetuar o tan odiado, temido e desprezado cacique.
¿ata cando? Difícil prognosticar cando de labregos de Queixa se trate. Difícil achegarse a ese escuro mundo baleiro de ideas propias, de desprezo a todo canto non sexa- meu...
