RECORDOS
Rebuscando nos agochados recunchos da memoria, alí onde se gardan as vivencias mais fermosas, alí, estabas ¡ti! como algo espacial. Unha luceciña entre os vellos recordos esmorecidos por o tempo. Esquecidos entre as rutinas que van enchendo o caixon dunha vida. Pero que, o momento de saíren a luz, algo moven dentro de nos, algo que fai mirar cara a tras e revivir os tempos- fermosos tempos- de xuventude chea de vitalidade xuvenil. Apaixoados momentos onde só existía o presente. Onde o futuro era noso porque estabamos seguros de cambialo, de facelo mais humano. Onde a xustiza fose a reíña. ¡Que fermoso revivilo! a pesar de tódalas voltas que da a vida.
Sei, que cando pase este minuto xa non estarás. Quizá, o simple canto dun paxaro, ou a chegada do meu pequeno gato borre esta imaxe e ¡quen sabe se volverá algún día! ou durmirá pra sempre nese escuro arquivo dos recordos. Pero é fermoso saber que tivemos un momento noso e que intentamos facelo eterno. ¡Non saiu! Os humanos propoñemos e é o camiño da vida o que nos vai separando ou xuntando, empurrando cara o noso destino as veces -duro- sempre ingrato.
No curto tempo que durou a imaxe, de novo é a pesar de todo, sentín esa forza que move o mundo. É sei, que esa idea utópica de cambiar, nunca se perdera. Porque esa semente de cambio, de humanizar as cousas, esta presente en tódolos xoves de tódolos tempos. E nos, estaremos aí formando parte desa cadea que no seu día tamén o intentou..

1971 dijo
os recordos son os que nos manteñen con vida
28 Junio 2008 | 01:02 PM