De seguir así, consumindo é enchendo a atmósfera de noxentos gases saídos de millóns de chimeneas, pódese supuñer que nalgún momento o osixeno será un producto caro nas mans dos mesmos especuladores de sempre; As vivendas serán herméticas con gardas na porta pra que ninguén saia a respirar de noite.
¡Difíci o teran en Queixa pra arrebatar a tanto gandúl ! Imaxino a algún descendente dos meus veciños, que herdando os xenes da avaricia sen límites, furarán a terra como se de toupos se tratase pra saír o exterior alí onde non pase ninguén, é roubar así o prezado osixeno inda que outros queden sen nada.
Liortas terán a deus dar cando sexa o día de respirar fora porque (¡tí, animál, estas respirando de mais é non deixas nada pos outros!) Ata estou vendo algún que por non gastar en papel ixiénico non come, dicíndolle o compañeiro en días que haxa que pagar por o consumido. ¡Hai oh, respira a modiño que é moi caro!
O que si esta claro é, que aumentarán os coñecementos na química ata niveles nunca imaxinados, (¡Quen non saberá quitarlle o auga o (H) pra quedar co (2O) Ata os que non aprenderos a nadar porque os bañadores eran caros, aprenderán a respirar debaixo da auga.
¡Non o verei! pero de veras mo imaxino, porque penso que todo seguirá sendo <como sempre>

penso que tes razón agora pasa cos combustibles, podendo andar en coches con auga temos que pagar os pezos desorbitados do petroleo