A DEMOCRACIA
DEMOCRACIA. fermosa palabra chea de contidos, de historia. Portadora de liberdades. Cento de loitas. Enganosa ideoloxía pos qe pensan que a liberdade se consegue nunha palabra. Manexada por os políticos en seu veneficio sempre que o necesitan. O mal menos grave pra algúns. A meta a conseguir pra moitos.
Camiñamos detrás das grandes filosofías redentoras. As que nos han dar a felicidade a todos -sen comprender- que son as pequenas cousas cotiáns, as que día a día nos van axudando a dar un paso a diante no difícil camiña da vida, é non os titulares.
aferrámonos as palabras altisonantes sen entender que é na letra miúda onde se esconde o verdadeiro sentido da realidade. De ir tirando.
Todos camiñamos envoltos nos -nosos dereitos- sacándoos a colada cada vez que outro se atravesa no noso camiño. Temos dereito -dicimos- pero ¿ata onde?
Dereito a liberdade de expresión. ¡Que bonito! Só cando les a letra miúda é cando ves que nada é o que parecía. Certo, tes dereito a falar, pero non podes obrigar a ninguén a que te escoite se el- non te quere escoitar.
Dereito a unha vida digna. ¡Perfecto! Pero se pra vivir a túa vida digna tes que depender de alguén que non te quere axudar. ¡Estas fodido!
Dereito a igualdade. ¡Que ben! ¿é posible? Non. Se puideramos igualarnos a alguén, todos nos quereríamos igualar o Bil Gates ese. ¡Difícil é complexo dereito!
pra que a carreira dos dereitos sexa xusta, compre que esteamos todos na mesma liña é calzando os mesmos zapatos, senón, estaremos facendo inxustiza ca xustiza. Estaremos obrigando a competir os demais en desigualdade de condicións en nome da democracia universal, sen preguntar - se queren xogar no noso xogo..
