Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

2 Julio 2008

a democracia

Democracia. Fermosa palabra chea de contidos, de historia. Portadora de liberdades. Centro de loitas. Enganosa ideoloxía pos que pensan que a liberdade se consegue nunha palabra. Manexada por os políticos en seu beneficio sempre que a necesitan. O mal menos grave pra algúns. A meta a conseguir pra moitos.

Camiñamos detrás das grandes filosofías redentoras. As que nos han dar a felicidade a todos, - sen comprender- que son as pequenas cousas cotiáns, as que día a día nos van axudando a dar un paso adiante no difícil camiño da vida. Non os titulares.

Aferrámomos as palabras altisonantes sen entender que é na letra miúda onde se esconde o verdadeiro sentido do día a día, do ir tirando. todos camiñamos envoltos nos - nosos dereitos- sacándoos a colada cada vez que outro se atravesa no noso camiño. Temos dereito- dicimos- pero ¿ata onde?

¡Dereito a liberdade de expresión! ¡que bonito! Só cado les a letra miúda é cando ves que nada e o que parece. Certo, tes dereito a falar, pero non podes obrigar a ninguén a que te escoite, se el - non te quere escoitar-

¡Dereito a unha vida digna! ¡Perfecto! pero se pra vivir a túa vida digna tes que depender de alguén que non te quere axudar, ¡estas fodido!

¡Dereito a igualdade! ¡Que ben! ¿é posible? Non. Se poideramos igualarnos a alguén , todos nos quereríamos igalar o Bille gates ese. ¡Difícil e comprexo dereito!

Pra que a carreira dos dereitos sexa xusta, compre que esteamos todos na mesma liña de saída é calzando os mesmos zapatos, senón, estaremos facendo inxustiza ca xustiza. Estaremos obrigando a competir os demais en desigualdade de condicións en nome da democracia universal, sen preguntar - se queren xogar o noso xogo..

servido por queixa 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

1971

1971 dijo

a democracia foi un xogo de catro para gobernar os probes que non tiñan pra comer, agora seculos diante seguimos nas mesmas sen mellorar nada.

2 Julio 2008 | 04:15 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera