Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

2 Julio 2008

¿QUEN QUEIMA O NOSO MONTE?

Misterio parece, que cada ano a finales de Santa Mariña, cando a colleita está procurada é a leña na leñeira, os montes de Qeixa comezan a arder sen que ninguén lle prenda lume. Se falas cos labregos, anche dar tódalas razóns que os esculpen de de tal crime. O mesmo ocurre se falas cos cazadores, diranche que son os defensores do monte, dos animais é de canta flora hai. Pero o certo e mais triste é, que cando comeza a queima, como se tódolos pirómanos se puxeran dacordo, arde en tantos lugares o mesmo tempo que é impsible de audir a todos é Queixa- de novo- viste de negro borrallento.

Queda por descubrir as causas que poden incorrer nos que sen ningún motivo aparente, sen un interes claro, lle prenden lume o monte pondo en perigo os seus veciños. Algún día, cado era moito o gando é pouco o pasto, cando se facía imprescindible cada recunco pra sobrevivir, poderíase entender a necesidade de queimar en certos lugares pra aproveitar o seu pasto, hoxe que apenas queda xente nos pobos, non consigo entender o porqué.

Nalgunha conversa entre labregos, sentín queixas en contra dos gobernos que ademais- dician- de lles cobrar por as terras que eran - suas- querian prohibirlles de que as queimasen cando lle petara. ¿Será este o motivo? Eu, e tódolos que disfrutamos desta impresionante natureza, facemos noso o dito dun escritor americano - as terras son do seu dono, pero a beleza do entorno, é den que a sabe apreciar-

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera