A SOLIDARIEDADE
Solidariedade. Palabra de múltiples difinicións, adaptable as diversas sensibilidades de quen a utiliza. Forma de entender a vida pra algúns, egoismo é xustificación pra outros. Xustiza humana pra os que necesitan, problema dos outros pra os que -sabéndose insolidarios- xustifican o egoismo propio co- esa non é a solución.
Todos nos mostramos sensibles cas desgracias alleas pero de diferente maneira, así, mentres que uns -case sempre os menos pudentes- fan un cambio nas súas vidas acollendo nenos do pobo Saharagüi, conscientes do que significa pra un neno pasar o veran neste mundo -rico- sentindo non poder facer o mesmo con tódolos necesitados do mundo, os que mellor poderían axudar, deixan de comer cando escoitan a noticia pensando- os meus fillos nunca lles ha pasar o mesmo porque <eu> nunca deixaria que sendo tan pequenos, pasaran dous meses cunha xente que non coñezo- é seguen comendo. Dicindo -probiños- cando os teñen diante pero agochando a carteira por si acaso.
Criticando uns as inxustizas do mundo, poñendo outros cincuenta euros pra axudar os que veñen nas - pateras- os que tiveron a desgracia de quedar sen fogar por un terremoto. Axudando uns a convivencia aportando algo pras festas do pobo. Criticando outros canto se fai, se non fai, é ata se imaxina.
¡Así é o noso mundo! difícil cambialo porque todos nos sentimos posuidores -non xa da razón- senon da razón absoluta unica é verdadeira <a nosa razón>

1971 dijo
iso existe a solidariedade, pouca ou nada.
8 Julio 2008 | 08:24 PM