Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

9 Julio 2008

POR OS CAMIÑOS DE QUEIXA

Camiñando por o noso país galego, atopamos lugares dunha incrible beleza. Pequenas praias agochadas nas rias cunha fina area que acariña o visitante. Fermosos bosques a caron dos nosos rios que namoran a vista, tantas é tantas cousas que Galicia nos ofrece é das que tan orgullosos nos sentimos os seus fillos.

Aquí, nesto que eu chamo <o noso recuncho> no centro do macizo Ourensan, tamen disfrutamos de lugares dunha excepcional beleza, que agarda o camiñante pra se mostrar con todo o seu esplendor é que convida a soñar.

Camiñar a carón de calquera destes regatos de alta montaña, cos seus bosques de avelaíñas, de enormes bidueiros, salgueiros, carballos.. augas transparentes, é de súpeto, atoparse de fronte cun vello muíño de auga que evoca outros tempos, que trae a mente do camiñante un mundo difernte, que clama a berros o seu dereito a non ser esquecido porque sabe por experiencia, que se pode vivir doutro xeito, ca natureza.

Tanto te relaxa o son da auga cantareira, como sentes a euforia, cando despois dunha camiñata chegas a un cumio, é contemplas a longa e fermosa paisaxe das terras altas galegas o tempo que sentes o pracer da liberdade conseguida co teu esforzo, unha paisaxe que tamen che pertence, porque todos somos fillos da terra é a beleza non ten dono.

servido por queixa 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

1971

1971 dijo

moitos vanse a cancun, pacifico, e non saben o que teñen a volta da esquina.

9 Julio 2008 | 01:24 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera