Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

10 Julio 2008

¡quen puidera non pensar

Hai días en que as letras collen un significado diferente, que teñen peso propio e dificultan a súa colocación sobre o papel. Eu, pobre principiante bloguero, busco sen atopar os trucos literarios da alegría en días escuros, das palabras que fan brotar a gargallada sinxela, que restauran os humores, que dan a vida. Acudín os mestres mais coñecidos da nosa literatura, Quevedo, Cervantes, Samaniego.. sen un resultado positivo.

Loitei sen descanso colocando as letras en grupos, en formación, ou anarquicamente esparexidas é sigo sen atopar a combinación que traia ata nos a alegría de outrora ou alonxe a escura nube que cubre o claro ceo.

Só as palabras da nosa Rosalía de Castro baten con forza na cabeza ata facérense sentir: Polos fillos a nai tira/ Xorda, triste, plañideira/ Xeme, chora e mais suspira/¨É non para ata que os mira/ ben chegar por derradeira: Fermosas e tristes palabras que retratan os sentimentos ata facelos reais, ata sentilos en propia carne deixando o amargo sabor dos sofrimentos compartidos por a xentes que queremos, que nos queren, e que nos fan sentir que non estamos solos.

Outra vez a ser o tempo amigo quen restaure a calma nas nosas vidas. ¡Que o vento do nordés arrede de nos o malos pensamentos, e traia a tan apreciada paz os alterados espíritos de tódolos que a precisan!

servido por queixa 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

1971

1971 dijo

cando penso doume conta de que xa morrin

10 Julio 2008 | 10:11 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera