Quen podería pensar que o que onte era ideoloxía, hoxe non son mais ca palabras valeiras sen contido algún. Difumináronse os térmenos ata o punto en que ninguén distingue entre comunismo é fascismo, separatismo ou imperialismo, nacionalismo ou centralismo. De tal xeito nos acomodamos a este mundo, que aceptamos os cambios mais inverosímiles sen tan sequera cuestionar as noticias coma esta: <O réxime Castrista fai a gran apertura de cara o mercado internacional> -deixa que os cubanos merquen teléfonos móbiles- sabendo que poucos teñen cartos pra facelo, é ninguén pra pagar as chamadas, e séntense representantes da filosafía da igualdade entre os homes, sen que ninguén se altere. Sen que os herdeiros do Ché alcen as voces ante o derrube de tódalos ideais comunistas e revolucionarios.
Se os paladíns das liberdades, igualdades é xustizas sociais, necesitan o permiso do <camarada> pra chegar as novas tecnoloxias, apaga que nos imos. Neste intre da historia da humanidade, asintimos non só o derrube das utopías ideolóxicas de antano. As novas democracias partidistas co seu aparato propagandístico, conseguiron borrar das mentes dos - números- ou votantes, toda ideoloxía filosófica prexudicial pra os seus intereses é inculcarnos as novas ideas de - malos é vos- de traballadores e empresarios, sabendo que nesta Europa golbal, tanto monta, monta tanto.
¡Magoa que as vellas bandeiras perderan o seu color! Xa ninguén sabe con certeza cal é mellor política pra os pobres - se os de dereitas- ou os que se facían chamar de esquerdas..

e unha manera mais de cortarlles a liberdaade, douche de todo pero nada podes mercar, jodense igual.
e a pesares de todo: "seamos realistas, seamos optimistas, busquemos lo imposible".