Imaxinei , por imaxinar, que outro mundo era posible, que as feridas dos semellantes sangraran en nos. Que os humanos fosemos humanos é que a terra era de todos.
Pensei por pensar, que a xustiza e mais as leis camiñaban da man, que todo o que se nomea xusto, era bo. Que o branco e mais o negro só eran cores. Que o sol sae pra todos é que alumea a todos por igual.
Nun intre da miña vida, debuxei o imposible. O que ninguén pudo facer, tiveno o alcance da man. Só o esgotamento das cores da inocencia se debe o meu fracaso.
¿Quen pode asegurar que non existe a utopia? ¿porqué non crer no mundo como quixeramos que fose, é comezar facendo nos o que esperamos dos demais?
So unha idea non cabe no meu derrotado maxín, ¿como poder vivir sen terra, sen país, refuxiado en terra estranxeira, sen un futuro posible, dependendo das vontades alleas? Se nalgún momento tivemos a inquedanza de cambiar a terra, loitemos en favor dos que lles foi arrebatada pola forza de quen ten por amigo a inxustiza dos intereses. ¡algo podemos facer!
Hoxe penso en ti, malferido e humillado Sahara. E tamén penso en ti Galicia, parteira de ilustres exiliados, coñecedora de inxustizas. Ti que sabes de morriñas lonxe da terra amada, ¡que pronto esqueciches! Se queremos ese mundo que todos soñamos un día, fagamos o posible por conseguilo axudando os que nestre intre nos necesitan.
Fagámolo véndonos a nos nas escuras caras que pasean a nosa terra en verán, facendo nosos os problemas alleos. Non por esmola. ¡Por xustiza!

o mundo e unha parte rota que non queremos curar