NAMORADO DA LÚA
Así foi como pasou a miña nenez, é asi mesmo bo lo ei de contar. Era eu de nove ou dez anos, pequeno de corpo a dicir da xente maior, pero mais grande - pensaba eu- de cabeza. De feito, xa me namorara unha vez- ou eso era o que eu creia. A culpa de todo esto - en caso de que a oubese- tiña que ser dos libros que lía, novelas de namorados que sempre remataban en voda ca mais guapa. Historias de vaqueiros que Marcial Lafuente Estefania que facía que parecesen verdadeiras , e igual cas de Corín Tellado, sempre remataban en bicos despois de matar o malo. Fose de unha, do outro ou das dúas, o caso é, que rematei sendo o protagonista e namorándome da lúa.
Nas noites de verán, adoitaba estromballarme boca arriba no campo e admirar o imaxinario corpo da miña namorada, alí ollando cara o ceo cos brazos abertos, creaba historias de planetas bos e malos querendo raptar a fermosa lúa, e víame a min dacabalo do planeta bo, dándolle o seu merecido o raptor, é obtendo a recompensa do tan ansiado bico.
Inda hoxe nas noites de inverno, cando a lúa chea alumea as frias noites de Queixa, gústame contemplar a lúa e pensar que quizás non foi todo inventado, e que a luz que alumea derredor de min, sexa o seu ollar agardando ver o que un día foi seu namorado e chiscarlle un ollo cómplice, que os demais, os que ten os pes na terra e a cabeza ben asentada, nunca chegaran a ver..

1971 dijo
maxia e paison
19 Julio 2008 | 11:18 AM