Despois de unha noite de troula, chega a temida resaca con tódolas consecuencias que deixan as enchentes.

Estou a buscar firmas de toda a xente de ben pra lle solicitar o goberno o correspondente festivo do día despois, ou que nos equiparen en dereitos os executivos que ademais de utilizar as verbas suaves como- fíxolle dano o señor- en vez de- baia enchente que colliche- o dereito a que nos veñan buscar a casa pra durmir nun cómodo asento ata que - os señores se atopen mellor-

Ademais de solocitar subvención o correspondente ministerio por axudar a dinamizar o mercado da cervexa no noso país, tendo en conta, que estamos a falar de hectolitros , non de xarras,

En fin , que se vos sentides solidarios, unídevos a miña proclama pra que cando sexan tempos de eleccións o teñamos en conta.

Menos vanagloriarse de crear postos de traballo, é ofrecer o pobo o que necesita- un día festivo cando a festa rachada cae en fin de semana- admítense suxerencias..