AGRADECEMENTO
Difícil é complexo dilema explicar a nada. A miña avoa, muller experimentada nestas lides, afirmaba - con razón- que tres veces nada, igual a cousa ningunha. Ata o de agora, ninguén mo expuxo mellor nin mais claro. Tamén dicia ca mesma razón, que a metade xusta, era o cu partido o medio.
Os que nos precederon é dos que formamos parte,a pesares de non coñecer tecnoloxia algunha que non fose o montaxe é desmontaxe do arado de pao, deixáronnos a filosofía mais importante que o ser humano pode alcanzar- a filosofía da vida-
A eles que con só o seu traballo conseguiron mellorar as súas vidas e mais as nosas, dedico estas letras cheas de agradecemento.
Nos, que creemos posuír toda a razón cando falamos cas/os nosas avoas porque non coñecen palabras como -internet- ¿que fariamos se por todo medio de vida nos deran catro ferramentas é un anaco de terra, en calquera lugar da nosa Galicia?
¡Ninguén sabe todo! hoxe, con tódolos adiantos que temos, inda hai xente que non sabe de onde ven os- bistés- o leite, hai quen pensa que nace no cartón, é unha boa parte da poboación, non sabería vivir sen lavadora, sen calefacción ou sen electricidade.
Pensade, que as nosas avoas, nada tiveron de todo esto , ¡ E que netos/as tan garrulos pasean as nosas rúas!

1971 dijo
ala donde esten meus avos pensarei neles con agradecemento
25 Julio 2008 | 12:37 AM