Cabeza de Manzaneda, o cumio mais alto da xeografía galega onde o tempo camiña diferente.Con case mil oitocentos metros sobre o nivel do mar e alonxado da contaminación, o corpo faise mais lixeiro é as ideas flúen con mais facilidade. O puro osixeno dos cumios fai aflorar as sensibilidades agochadas por a loita das cidades.

Alí, no cumio mais alto, soan cada ano as bandas de gaitas de toda Galiza. Traxes de tódalas formas, cores é feituras que nos traen recordos do pasado, pasean o son de gaitas e tambores, de pandeiretas é timbais que enchen o ceo de Manzaneda ca mestura de melodias, espertando o sentimento patrio da benquerida nación de Breogán.

Este ano, ademais de saborear a sabrosa empanada de polbo, os doces de outras terras é pan con uvas pasas, nada puden facer por reter unha bagoa escoitando - unha noite na eira do trigo- que a banda de Esgos interpretou con sabiduria é sentimento. Non sei se foi o lugar, ou a triste historia que narra dos emigrantes galegos cara terras de América, pero algo despertan en nos os sons da gaita galega.

Senón, ¿porqué chorar se tocaron como os anxos?