A VIDA MESMA
En cada escrito ou articulo que damos a luz, algo deixamos de nos, esa idea que sae en forma de letras, leva consigo un anaco da nosa vida. Un escrito, é como un fillo, nel, poñemos toda a ilusión esperando que esperte algo -no caso dun escrito- ou que sexa o teu reflexo no caso dun fillo- pero sempre, que no seu camiñar atopen o mellor é vaian transmitindo vos sentimentos alí onde queira que estean.
¡Quen puidera! converter os sentimentos en obxetos tanxibles e presetarllos así o noso fillo ou lector. ¡Quen puidera! abrir o libro dos sentimentos agochados pra que os demais leran en nos e nos viran tal como somos, sen as sombras que se interpoñen entre o que vemos ou o que de verdade hai dentro de cada pel.
Quen puidera transmitir a idea de que todos somos escritores da nosa vida o mesmo tempo que lectores, fillos é pais o mesmo tempo, intentamos separar cada rol como se estivesemos libres dos males que sofren os demais.
Oxalá que os erros que imos cometendo no camiño, non se convertan un día en malos recordos que nos fagan sentir mal. Oxalá, que os malos recordos se convertan en fortuna é aproveitemos o curto tempo que temos pra facer mais facil a vida dos que queremos. ¡Oxalá!

1971 dijo
e mais cun fillo e unha exposicion dos teus pensamentos
30 Julio 2008 | 12:34 PM