Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

1 Agosto 2008

esto non é conto -1ª parte-

Esta historia que a punto estou de bos contar, pasoume en tal día como hoxe fai un ano, recordo ben, porque era o día do no noso patrón San Iago. Amañecera un día claro como ollo de galo solteiro. Os meus veciños -labregos todos- aproveitaban os días de calor pra recoller a herba, é a aldea enteira bulía co ruído das maquinas.

Espertei tarde, daquela, facía é arranxaba tellados, é o cansanzo era o meu compañeiro. Os nosos fillos foran collendo camiño da cidade é viviamos solos a miña compañeira mais eu, ela, que sempre se erguía antes ca min nos días festivos, xa recollera un cubo de flores e fora o cemiterio a visitar os nosos defuntos é deixar flores sobre as tumbas.

Eu collín unha toalla, un libro da miña colección, e sen mirarlle o titulo collín o -Citroén - e fixen os cincocentos metros que me separaban do encoro onde nos iamos bañar.

Ninguén a vista, as augas parecían durmir a sesta, todo era paz. Estendín a toalla, deiteime é abrín o libro por a metade. Foi entonces, cando vin que o libro que collera o chou, eran as obras completas de San Agustín, varias veces lera as súas - pra min- incribles teorías filosóficas. Absorto estaba intentando entender, cando un vento frío como recen saído do conxelador me acariñou a cara.

Preso do pánico, din a volta esperando atopar algo fora do normal, nada, todo seguía calmo, só un pequeno remuíño se estaba formando na metade do encoro. Quedei longo tempo mirando como as augas bulían o son do vento ata que parecendo coller vida, comezaron a se erguer. Primeiro, como o chorro dunha fonte de xardín, despois, o cabo dun anaco, foise facendo mais é mais grande ata alcanzar unha altura de uns trinta metros, é no cabo, foise formando unha man de só dous dedos.

De novo sentin o frio, desta vez, comezoume nos pes e foi subindo corpo arriba ata facerme tremer...mañá, mais...

servido por queixa 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

1971

1971 dijo

Desexando leer a segunda parte, saudos.

1 Agosto 2008 | 12:06 PM

olivie

olivie dijo

E e moi bonito, pero non me credo que sea real.todo e un topicazo.

3 Agosto 2008 | 01:58 PM

...son eu...

...son eu... dijo

maña mais... maña mais..! estamos a catro de agosto e ainda nada

sigue porfa ... a ver que pasa ca man de dous dedos

4 Agosto 2008 | 01:58 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera