conto,2ª parte
¡Abraiado quedei! ata que aquela especie de man de auga se foi achegando ata min, entón, preso xa do pánico, collín a toalla é botei a correr cara o auto xusto no momento en que toneladas de auga comezaron a caer enriba de min. Abraceime a roda do Citroén , é durante un tempo que me pareceu eterno, alí permanecín agarrado ata que igual ca viñera, foi pasando todo menos o medo que se apoderara de min e me facía tremer.
Tirei a toalla enriba do asento, e fuxín pra casa o mais rápido posible que puiden. Todo fora tan estraño e tan raro, que ata no chegar a casa non me decatei de que tanto a toalla coma min estabamos enxoitos como cando saíramos da casa. Unha cousa botei en falta, o libro que debera deixar tirado no chan. Despois de botar un grolo de auga e tranquilizarme un pouco, collín de novo o auto e fun buscar as filosofías do santo.
A medida que me ía achegando o encoro, algo me dicía o oído,- date a volta e esquece o libro- cabezudo como son, botei fora o medo e funme achegando. Sentinme mais seguro cando dende lonxe vin dúas personas que xogaban a pelota na beira da auga. O principio pareceume do mais normal, centos de veces xogara e vira xogar naquel lugar, pero este xogo, algo tiña que non cadraba co que eu entendía por normal, so xogaban ca cabeza sen que a pelota caira unha soa vez o chan, a pesar do lonxe que se atopaba un xogador do outro.
Funme achegando lentamente, é a medida que ía vendo mais claro, mais raro me parecía. Eran dúas persoas de baixa entatura pero de complexión forte, apenas se movían , flexionaban as pernas cando viña a pelota é como se fosen robots, saia despedida xusto a cabeza do outro. Parei o coche a non mais de cen metros, baixei o cristal, e vin con sorpresa que ambos xogadores vestían - a pesar da calor que estaba a facer- sendos xerseis de lá que lles cubria ata os xeonllos, e non era pelota o que pasaban de cabeza a cabeza, senón, unha enorme pedra que nin sequera era redonda. Freguei os ollos esperando que solo fose unha ilusión devida o cansanzo que arrastraba, pero non, alí seguían aqueles dous dálle que dálle a pedra.
Foi tanto o susto que collín, que non recordo como fixen o camiño de volta, só sei, que cando estaba aparcando o auto diante da porta, sentín unha gargallada que me puxo os pelos de punta. Nunca dixen nada a ninguén, poque sei que dirían que tomo demasiada coca cola, pero unha cousa si é certo, por mais que inda hoxe busco no libro, nunca o puiden atopar, e sei de seguro que o tiña...

1971 dijo
gañas de seguir lendo-
7 Agosto 2008 | 05:08 PM