AS ARMAS DOS NENOS
Eses pequenos humanos que tanta ternura despertan nos grandes, posúen as armas necesarias pra impoñer os seus desexos. Parecen inocentes, pero solo son o refrexo do que serán de maiores. Non sei se aprenderon de nos, ou xa traían impreso no libro de instruccións a idea de imposición e a forma de conseguilo. O que si sei, e que saben a maneira de ablandar os nosos sentimentos pra unha vez conseguido- se te vin, non me acordo- ata a proxima vez que necesiten algo, é volta a comezar.
Non son tan inocentes como pensamos, son depredadores que necesitan de nos pra conseguir os seus propósitos, arrinconándonos e facérense donos de todo canto hai. Vendo como conspiran contra nos cando están solos, penso que somos os grande os que necesitamos axuda pra nos enfrontar o que se nos aveciña.
Son estas inocentes criaturas con cara de non romper un prato os que un día rexirán o mundo. É vendo como fan, moito me temo que os cambios -se os houbera - non an ser pra mellor.
Non son inocentes. ¡Os inocentes somos nos!

1971 dijo
iso e unha verdade
14 Agosto 2008 | 11:49 AM