Nas noites de vran cando o silencio se apodera do campo e solo se escoitan os cantos dos seus moradores, a bóveda celeste colle vida propia. Estrelas que a intervalos emiten destelos pedindo paso, luceiros que de súpeto xogan as carreiras do, pilla- pilla, e no medio de toda esta familia de xoguetóns aparece a lua impoñendo orden, alumeando canto vemos enriba e debaixo. Recordándonos o pequenos que somos.
Contemplar esta noites de estío no campo, cerca da casa que aparenemente nos protexe e nos fai sentir seguros, é unha vivencia inesquencible. Nada que ver ca alumeada cidade onde o home creou o seu mundo "seguro" é onde se sente o rei.
No campo, a noite fainos sentir mais cerca da natureza a que pertencemos e da que -a noso pesar- formamos parte. A medida que nos alonxamos desa seguridade inventada e nos internamos no mundo dos demais habitantes nocturnos, aparecenos a dúvida se de verdade somos tan importantes como cremos ser.Calquera movemento o noso redor que non sabemos onde ben, fainos tremer o corpo.
Acostumados como estamos a controlar o noso entorno, unha vez que abandonamos a seguridade , enfrontámonos os nosos medos e inventamos situacións que nos fan sentir a forza da adrenalina correr nas venas. ¡Mellor co cine de medo!

pois a min a natureza dame seguridade porque os animais son mais civilizados cos homes.
Penso amigo manuel que nunca te viches lonxe da civilización despois das doce da noite. cada sombra que se move, é un potencíal enimigo que nos fai vulnerables, que nos dí sen palabras o pequenos que somos.