Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

14 Agosto 2008

A MORTE DO ESPANTALLO

Morreu o espantallo despois dunha longa enfermidade de esquencemento. O seu creador,galego do campo, home de mundo, coñecedor de tódalas feiras onde se compraba e se vendía a becerra, a pita ou o cocho que no San Martiño sería o centro da festa. Houbo de agachar o lombo e deixarse levar cara o lugar onde camiña a Galicia do agro -residencias de maiores- lle dín os mais optimistas intentando minimizar a morte do campo en Galicia.

O espantallo que un día se levantara ufano na leira do millo, do centeo ou das patacas, impoñendo o devido respeto a todo bicho rapiñento, a medida que o - transxénico- se apoderou do mercado, comezou o princípio do fín deixando tras de sí moreas de historias vividas. Historias de amorios dos que solo el foi testigo, segredos escoitados o amparo das sombras -que de ter falado- socavarían os cimentos de familias que mantiñan a sona herdada, é que co tempo, dexenerou en conflictos de herdanzas, dereitos é razóns que o noso defensor de colleitas lebou canda el a tumba.

Como confidente de tódolos espantallos antergos, coñecedor de vellas historias nunca contadas, prometo solemnemente contárvolas pra que un día, tamén vos sexades os transmisores dos tempos pasados, que si ben son mellorables, non por vir dun espantallo menos interesantes. Adquirindo así, o nomeamento de contadores de contos, é por o tanto, espantallos..

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera