Ergueuse de voa mañaciña, eran tempos de seitura, días longos e quentes do mes de Santa Mariña. despois de se lavar e tomar a parva, afiou o fouciño e saíu a corredoira, ergueu a vista de cara o ceo, e despois dunha longa ollada, colleu camiño das leiras. O seu camiñar paseniño, fincando as enxivas nunha codia de pan de centeo. Un pan que tivera que sementar, seiturar, moer, peneirar e logo amasalo, cocelo no forno de leña. E aínda así, sentíase agradecido por todo o que tiña -que a pesares de non ser moito- ¡era de seu! Era todo o que un home pode esperar da natureza a cambio de deixar a súa vida.

Cando nace un novo día, ninguén sabe o que pode ocorrer antes da noite, é aquel, non era un bo día pro seitureiro. As xentes do campo, acostumbradas a loitar ca natureza durante anos, ten un sesto sentido, porque cando se esgueu, sentiu unha inquedanza no espiritu. Cando a súa dona chegou co almozo, non tiña ganas de continuar co traballo, so a obriga de saber que era pra el o traballo, que non podía contar con ninguén, fixo que continuara ca súa faena. De cando en vez, erguiase e olloba de cara o sol. Era un sol dintinto o do día anterior, claro, sen nubes, coma nos últimos corenta días, pero algo había nese sol que ó labrego facía sentir inquedo.

Nacera naquela terra miserenta facía moitos anos. Cando alguén lle preguntaba cantos tiña, ca sorna que caracteriza os homes do campo, respondía- dende que nacín ata agora- E así sería. A súa cara engurrada do sol e do vento, cabelo branco, mans duras como os terróns que cada ano xiraba, facían crer que de verdade eran moitos anos.

A súa inquedanza inda non tiña xustificación, mais no fondo da súa alma latexaba o temor. O solpor, o vento comezou a se erguer, suave o princípio pero a medida que as agullas do reloxo ían xirando, mais e mais forza collía. Bieito que así se chamaba o labrego, coñecía ben o significado daquel cambio do vento. Nos primeiros momentos, foi a sorpresa a que deixou quedo o seitureiro, pero pronto comezou a se mover, e vendo como se movía, ninguén diría os anos que tiña. O seu corpo fraco comezou a se mover con unha axilidade de envexa pra calquera mozo. Oprimeiro que fixo foi comezar a facer -mollos- de seguido foinos poñendo de pe de xeito que as espigas se cubrían unhas as outras. E así seguiu durante moito tempo sen levantar a cabeza.

as nubes pronto comezaron a coller a cor gris, despois a cor negra é de súpeto, o ceo comezou a tremer como se fose un terremoto é toda a forza da natureza dasatouse nun intre. Seguíu o noso amigo recollendo nos mollos como se o que estaba a ocorrer non fose con el. A cabeza gacha pingaba grosas goteiras, o seu rostro adquiriu unha expresión de dureza. Aquel grao era o alimento de todo o ano, e aínda que sabía que nada podería facer por salval o insalvable, seguía a loitar por manter a última esperanza.

Un refacho de vento levantou o mollos como se estivese a xogar, e quedaron todos espallados na leira. Aínda así, non cambiou a súa teirma de colocar nos mollos ata que sentíu que alguén o chamaba. Era Carmucha, súa dona que chegaba con un capote na man, cando chegou preto do seu home, non soubo definir o que saía dos ollos do labrego, era unha mestura de longas bagoas xunto ca auga da testa. Colleu o capote que lle ofrecían, dixouno no chan, e fundiuse nunha aperta ca súa dona. O seu corpo tremaba como unha vimia, e por mais que ela lle falou, nada saíu da súa gorxa.

Aquel ano foi unha longa noite pra case que dódolos veciños da aldea, os que tiñan grao de reserva, melloraron a súa facenda, os demais- entre eles Bieito- quedarían hipotecados de por vida con unha sola solución. A emigración cara as Américas onde tantos labregos deixaron a vida. ¡ onde se meterá o deus dos labregos cando mais o precisan!