Mentes cheas de información, coñecedores de tódolos trucos da literatura, filosofía e pensamento, donos do coñecemento alleo, sen entidade própia, cargados de información, incapaces de pensar por sí mesmos nin expresar nada que sexa medianamente intelixible. Camiñan mirando os demais dende as alturas que cren dominar.
Na súa conversa cos que somos do montón, parecen facer un gran exforzo por comprender as nosas - pequenas cousas- é achegarse así as pobres xentes incultas. ¿Mais listos? ¡non o sei! Incapaces de expresar o séu superior coñecemeto os que non sexan do seu igual porque non saben baixar un escalón nin recordan que tódalas grandes viaxes comezaron con un paso.
O sorriso a media hasta cando somos nos os que falamos, denota a seguridade de estar de volta de todo canto poidamos dicir, facendo exforzos por non intervir na nosa conversa e así diexarnos seguir ca nosa incultura sen remisión.
Despois, cando de pensar se trata, non podemos esperar nada da súa colleita. Remexen no seu coñecemento adquirido sen atopar a esperada luz que os coloque no primeiro lugar onde cren estar. Fanse donos das nosas idéas a lévanas ata a súa altura na que despois de darlles o toque de gracia as converten en própias. Homes cargados de letras que camiñan entre nos esperando o aplauso dos demais sen deixar nada a cambio que non sexa o orgullo que debéramos sentir por a súa presencia . ¿Pra que nos falarán se non queren que os entendamos?

...en realidade son unhos ignorantes, e porque son ignorantes son fachendosos porque creen que saben e non saben, e como alguen dixo algunha vez o primeiro paso da ignorancia é presumir de saber.
Usurpadores envanecidos, deixaos que se folguen, que ainda que algunha vez nos encarraxen ca sua pendanteria, maiormente resultan grotescos e fanos rir moito.....
un dia reventame a cabeza.