Algún día, cando a xustiza reine neste mundo e os homes sexan humanos, a xustiza será xusta, non se xulgará a xente por a súa apariencia externa, a súa procedencia color ou raza, por as posesións ou a sorte que o mundo lle deu.

De momento, solo podemos criticar a tan cacarexada igualdade de oportunidades da que nos sentimos orgullosos inda que non sexa xusta. Difícil o ten os traballadores chegados de outros Continentes a Europa das igualdades pra legalizar a súa estancia e traballar en igualdade de condicións con tódolos traballadores do mundo.

<Tamén aquí podemos gastar enerxias en favor dos que necesitan xustiza, Amparo>

Se o traballador que chega ten unha conta corrente con doce ceros e ben traballar o Real Madrid, ten asegurada a estancia e ata a nacionalidade dende o primeiro día. ¿ Que hai poucos? ¡certo! pero se ese traballador chegase dende o Congo sen oficio- a pesar de haber poucos- ¿terá a mesma sorte?.

Algún día non sei cando, os que máis ten, axudaran os que naceron nun lugar menos rico por o feito de haber nacido, de ser un humano, porque sabe que se a sorte lle fora esquiva e tivera que deixar o que coñece pra seguir vivindo, outros humanos lle facilitarían as cousas por o feito de ser - un humano. ALGÚN DÍA..