Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

24 Agosto 2008

AS LINGUAS

Difícil tarea pretender que entendas a miña postura cando de nacionalidades se trata, ainda así intentareino sabendo que partimos dunha concepción totalmente diferente. Entanto que tí ves a fala como un simple instrumento pra se entender as persoas -ademais deso- outros vémolo como unha parte indisolubre da nosa cultura, o pensamento, é a nosa propia idiosincrásia como pobo é que necesitamos pra sentirnos ben.

todos somos cidadans do mundo e sentimonos solidarios cos que padecen inxustizas ou desgracias, pero a parte deso, gústanos pertencer a un grupo co que nos sentimos mais unidos. Será unha forma de ser, pero non me sinto por eso peor nin mellor ca tí, nen tan sequera diferente.

Pode que nunca te pares a ler estas letras porque desprecias as linguas minoritarias- mesmo a túa- pero inda así, non me resisto a porche un exemplo do que quero dicir. Certo día, de visita por terras de Asturias, sentín un grupo que tocaba nunha rua e acheguéime. O remate de cada interpretación, a xente que estaba escoitando, batía as mans con forza. Cando deron remate o seu traballo, fixerono tocando- Asturias patria querida- nese momento foi a apoteose total. Todos de pé cantaron a melodía que de algún xeito era a de todos, a que os unia e que facía que fosen un pobo.

Non entendo o galego que paseando por Londres ve un gaitero na rua tocando o himno antergo da nosa terra, que segue sen sentir nada, que entende esa melodía como unha mais do mundo ,sen mais. É desto do que falo cando defendo as falas minoritárias como unha parte importante da cultura dos pobos. Se non o podes entender é a próxima vez que nos atopemos segues convencido da túa teima, sentireino por tí, porque algo estas a perder..

servido por queixa 6 comentarios compártelo

6 comentarios · Escribe aquí tu comentario

nuits

nuits dijo

Para mí confundes todo, soy gallega no se gallego, y si estoy en Londres claro que me emocionaria con la Rianxeira, soy una minoria la que piensa como tu y las minorias resultan por lo menos raras, por cierto si soy sordomuda, como hablo en gallego con signos. Para mí Galicia es un sentimiento que te pone los pelos de punta y sólo los gallegos lo entendemos, todo lo demás accesorio.

25 Agosto 2008 | 03:12 PM

Oli

Oli dijo

Ser Galego é algo que se leva dentro, un sentimento, é non é facil de explicar, só pra quen o coñece!

BICOS!

25 Agosto 2008 | 03:21 PM

...son eu...

...son eu... dijo

Na lingua reside o espiritu, a ánima de Galicia.
Hay verbas que si non as falas niste idioma, non as falas en ningún outro (morriña, colo, saudade, xeitoso,....).
Coñecer e falar calquer idioma, ademais do propio, sempre nos enriquece e nos pon mais perto de outras xentes e outras culturas. Non coñecer o propio idioma, menosprecialo ou no falalo, alonxanos das nosas raices, da nosa cultura, dos nosos ancestros, e tamen de nos mesmos.

25 Agosto 2008 | 04:59 PM

...son eu...

...son eu... dijo

Esquecia decir que a Rianxeira, que está moi ben.. vale, pero o noso himno é a primeira parte (cuatro estrofas) dun poema de Eduardo Pondal chamado "Os pinos" e interpretado por primeira vez en 1907 en La Habana, e que chega de verdade o fondo das entrañas.

25 Agosto 2008 | 07:32 PM

queixa

queixa dijo

Igual que OLI penso que non e facil de explicar. É por eso que puña un exemplo, por nada mais, cada quen pode ser galego a súa maneira, sentir de modo diferente e non por eso mellor nen peor. Falalo é unha opción. Gracias- SON EU- por explicalo tan ben, algunhas cousas non as sabía..

25 Agosto 2008 | 08:55 PM

nuits

nuits dijo

Gracias queixa por decir que cada quien puede ser gallego a su manera.
que fácil de explicar y sencillo, no privilegio de unos pocos, porque ser galego eh un privilexio ( espero haberlo escrito bien). Besos a todos polemizar moderadamente es bueno.ah me olvidabaviva a nosa terra GALIZA.

25 Agosto 2008 | 10:51 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera