Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

25 Agosto 2008

ó senso da vida

Nada é estable inmutable nen fixo. O que hoxe e obxecto de desexo por o que se pode desencadear unha guerra, mañá pode ser despreciado por todos, sen valor aparente pra ninguén.

¡Como buscar un sentido a vida se non o ten! Se o vento que agora zoa do nordés mañá pode ser frio do norte e pasado quente do sur. ¡Onde nos podemos agarrar!

Tanto podemos mudar, que nin tan sequera nos coñeceríamos nos se miráramos cara atras.

Máis de corenta mulleres mortas na mitade do ano, de idades comprendidas dende os seseta é máis, ata os vinte ou menos. ¿Ten algunha explicación? Eu non lle dou atopado máis sentido que ó cambiante mundo no que vivimos e nos arrastra canda el , nos cambia e nos manexa, nos manipula como se de monecos se tratára ata perder o norte que foi o noso guia.

Homes que matan as súas parellas despois de vivir xuntos corenta anos é máis. Nais que abandonan os fillos porque pensan ter atopado o amor da súa vida é que un día pode ser a próxima victima. Pais que abandoan familia, traballo e canto tiñan por a muller dos seús sonos é unha víctima máis.

Todos nos podemos trabucar porque todos intentamos parecer mellor do que éramos pra conseguir o que queríamos. Pero nada pode xustificar a morte dunha persoa, a mesma que un dia idealizamos ata convertela nun semi deus e por a que daríamos a vida. Que mo explique quen o tenda....

servido por queixa 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

...son eu...

...son eu... dijo

O senso da vida e que non ten senso, ainda que nos nos empeñemos en atoparllo por infinidade de motivos: medo, culpa, ambicion, desexos, .....
Estamos soios, a merced dos elementos, haberia que aceptalo,..ou non?

25 Agosto 2008 | 05:07 PM

1971

1971 dijo

ninguen acepta nada porque nadie quere aceptar o loxico

25 Agosto 2008 | 06:32 PM

queixa

queixa dijo

temos que aceptalo pero nunca nos conformaremos, porque o día que non nos rebotemos contra as inxustizas, non seremos nos,,

25 Agosto 2008 | 08:37 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera