Todos temos algo que dicir cando da nosa terra se trata. Fermoso resulta contemplar que cada quen a súa maneira ama a terra que lle deu a vida. Que somos agradecidos e non esquecemos os primeiros anos da nenez onde xogamos é fixémos amigos que nunca esqueceremos.
Nesta terra nosa, sobre todo no rural onde a vida era mais dura, moita xente se foi as cidades grandes en busca de algo mellor deixando amigos, terra e família. Loitando por sobrevivir nun mundo que lle era adverso, que nada tiña que ver co coñecido.
Foi nesa loita cando o galego sentíu a morriña da terra. Eu fún un deses galegos. Coñezo de primeira man o que siñifica despertar a mañá e ter que enfrontarse a un mundo inmisericorde cos que intentábamos buscar un hoco naquel -caos.
Pasaron os anos e a maioría fóronse adaptando, facendo unha vida nova e ata montándose as própias industrias, facéndose importantes dentro do mundo da empresa. Cando deixaron de traballar porque os anos non perdonan, de novo sentiron a forza da terra que os chamaba.
Síntome orgulloso dos meus paisanos que voltaron as súas raíces sen rencor, sentíndose parte de nos como se fose onte cando huberon de abandonar as aldeas levando cada si o tremendo peso da incertidume, do medo o descoñecido.
Recordo, naquela Barcelona dos primeiros anos da emigración cando na casa de Galicia soaba a gaita galega. Bagoas de ledícia saían dos nosos ollos recordando as romerías dos pobos, as feiras onde se vendía se compraba e se xuntába unha xuventude chea de forza, de ilusións e futuro. ¡Que lonxe queda todo eso! Pero que fermoso recordalo. Por eso, cando de falar da nosa terra se trata, algo revive en min.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados