Vinte vidas máis que a nosa insolidaridade se cobrou. Familias que esperan noticias dos que queren, dos que esperan a súa axuda, é que nunca chegarán.O mesmo mar que esperaban fose a súa salvación, tragounos pra sempre. ¿Ata cando os países industrializados mirarán pra outro lado?

A condonación da dévida mais o un por cen do noso producto interior bruto, chegaría pra rematar con tanto sofrimento. Pra rematar con unha inxustiza que nós axudamos a facer é que esquecemos cando de axudar se trata.

Acollemos os nenos Saharagüis e ensínámoslles o ben que vivimos , cando son maiores, que poden traballar, atopanse co muro da intransixencia do país de acollida cerrándolles así calquera posibilidade de saír de ese mundo.

A única saída son as pateras que os han levar o país que coñeceron. Se a sorte axuda, malvivirán vendendo pulseras pra algunha mafia, senón, o mar se encergará de rematar co sofrimento. Porque a sorte intermedia é volver extraditado o seu país e volta a comezar..