ASÍ E A VIDA
Xa estamos case todos. Despois de un descanso do cotián, de valeirar as neuronas do estrés o que están sometidas durante o resto do ano, aquí estamos outra vez preparados pra unha nova batalla. E digo case todos, porque nada nos é dado de gratis, hemos de pagar o correspondente tributo a estadística e deixar a alguén no camiño- sempre moitos- demasiados esta vez.
Xa os políticos ten afiadas as ferramentas cas que agabarse uns e rebatir os outros, mentres que nos, sofridores de turno, escoitaremos dende as gradas as súas batallas como quen sente chover.
Xa os xornalistas e demais "traballadores" da información agudizan o oído afiando o lápiz pra de novo, e como sempre, encher as nosas cabezas ca información que mais vende.
Xa os futbolistas e máis os futboleiros entraron en acción pra ocupar os espazos de televisión que máis nos gustan. En fin, que todo volve a normalidade.
O bran, e un alto o fogo na batalla da vida, un paréntese entre reivindicacións. Ninguén fai folga no bran, a non ser os traballadores das liñas aéreas pra nos incordiar e recordarnos que mentres uns gozan do merecido descanso, outros traballan pra nos. Así é a vida.
