FACENDO PAÍS
Galiza é unha nación dentro de outra nación que pertence a gran nación Europea. Pero eso non nos resta credibilidade como nación, é máis, o pertencer a unha federación de países, fainos mais fortes como pobo independente, soberano é único. Non existe outro onde se fale o idioma que nos da o nome como pobo. galego.
O noso idioma, nacéu o mesmo tempo que o Rumano, o Francés, Italiano Catalán ou Castelán, formamos parte das línguas románicas difernciándonos todos pero formando parte do mesmo tronco. Somos fillos do mesmo pai pero distintos entre nos, e esa diferenciación, é a que nos fai únicos. Defendámolo.
As veces, a historia esquecese de que a primeira manifestación poética da Península Ibérica foi en galego, e que despois dun longo esquecemento renaceu gracias a Rosalía de Castro, Manuél Curros é outros que co séu amor a terra ergueron o noso idioma o nivél que lle correspondía. Non deixemos que a globalización eclipse o noso idioma, falemos galego que inda que non sexa maioritário, é o noso.
Sintámonos verdadeiros fillos da terra falando a língua que os nosos antergos defenderon en contra da corrente única. Defendamos a pluralidade nun mundo que busca impoñer idiomas extranxeiros como norma, levándonos o esquecemento do que tanto nos costou conseguir.
Galegos auténticos loitaron en tempos da dictadura pra que non se esquecera a fala que nos fai pertencer a esta nación Celta. Somos herdeiros do mítico rei Breogán, é sen pretender volver as raíces, podemos é debemos seguir adiante levando con orgullo o noso idioma ali onde nos entendan é sentirnos afortunados de ser.Galegos.

1971 dijo
unha aperta imos tirando.
3 Septiembre 2008 | 04:39 PM