Amigo sol que inocente naces, alumeando canto no camiño atopas, quentando ca túa luz vidas de ricos e pobres, lerdos é sabios por igual. Cando a plenitude es chegado, como se de humano se tratara, amósasnos o teu poder queimando terras e campos, quentando rios e mares, aires e ventos.

Cando se aproxima o ócaso, pintas nevoas de sangue e oscuros grises, mostrando así a disconformidade dun anunciado final. Negra sombra renace enchendo cada hoco deixado por ti. Cobra vida a sombra na espesura espertando os noitaregos compañeiros. Sae o Moucho do niño movendo o periscópio pescozo e xogando o xogo da vida e da morte. Rompe o silencio da noite o vater de ás do escuro Moricego.

Nesa quietude da noite, só as ánimas que penan por os erros cometidos, pululan nas escuras fragas arrepiándo o espírito do tardío viaxeiro. Sóo tu amigo sol, co teu espertar mainiño das nova vida alonxándo de nos o trasno do medo.

Outro día que naceu, pronto, moi pronto chegará a anoitecida parella cas nosas vidas, Ansias desexos envexas e medos descansan na noite, é mañá, sera outro día se Deus quixer, e novo sol nos alumeará..