¡Cantas cousas pasan pronto!

¡Cantas non queren pasar!

Minutos que se fan longos,

Horas pasadas nun <Xá>

O tempo non ten medida

Non ten tino, non ten norte,

Cando esperas desesperas,

¡Que pronto aparece a morte!

Odio, temor, inxustiza,

Loita, arrepío, pesar,

Cariño, ternura,aprecio,

Palabras, solo palabras.

O que de verdade conta

Pra vivir, é respirar..