Prada foi un dos primeiros pobos da montaña Ourensá en quedar abandonado, haberá cerca de trinta e cinco anos que o último habitante decidíu deixar o pobo.
Pra chegar a este fermoso e triste lugar, hai que ir ata o concello de Manzaneda, coñecido por a estación invernal que leva o mesmo nome. Alí, collemos a estrada da Corredoira e fixemos os poucos quilómetros que hai ata Requeixo. Aquí, é onde comeza a camiñata que dura unha hora e media a un paso tranquilo.
Despois de camiñar quince minutos nunha pista de terra, entramos nun camiño chairo e cheo de vexetación, Carballos que cobren o camiño acompañándonos ca súa sombra, Fentos de máis de metro e medio que cobren grandes extensións de verde. Logo de camiñar unha hora, atravesamos o regato que dende a saída nos foi acompañando, e entramos xá no camiño de pedra que un día foi testemuña do trasego de carros e gando. Subindo a pequena costa empedrada, apareceu ante nos un enorme terreo totalmente chairo, é o fondo, moreas de pedras convertidas en esqueletos do que un día foron casas.
O silencio é total, a miña sensación foi a de estar profanando algo o quebrantar a calma daquel lugar, só a brisa movía as follas das árbores que circundan o pobo.
Camiñando entre as casas e unha ermida que se resiste a caer, séntese o -Xafún- dun rebulir que parece renacer en cada recuncho, chimeneas que agardan o lume das vellas lareiras, voces dos nenos que nalgún momento xogaron a billarda alterando o silencio dun lugar que hoxe semella sagrado.
Despois de botar un grolo e comer o bocadillo de xamón con tomate, abandonamos o que queda de pobo, non sen volver varias veces a cabeza en sinal de despedida levando con nos- cada quen a súa maneira- a sensación de haber contravido algunha sagrada lei. Fermoso paseo pra un fermoso día que de seguro perdurará na memoria. Lugares que só a falla de comunicación condenaron o total esquecemento e que hoxe atópanse desafortunadamente fora de calquera ruta sinalizada..

teño gañas de ir a fotografiar eses paraxes, saudos
serás ben recibido.saudos
Me ha costado un poquitin leer en gallego, pero lo entendi.
Preciosa descripción.
Tienes algo para ti en mi blog, espero te guste.
saludiños,galega...carayo!
conoces la playa o perbe...o la de riazor...no estan mal,eh?
no "xafun" penso eu as veces cando baixando cara o encoro me cheira a herba seca namentras ollo o lonxe o meu pobo.
¿porque non engades unha foto o texto?
Fareino o día que entenda estes trebellos do demo, que vai ser que non.
entendo que a xente lle guste visitar pobos marcados polo tempo, o que non entendo e porque cada vez que alguén visita prada sempre desfan aquilo ou rouban o pouco que alí queda. meu avó non voltou pisar prada dende os anos 80, maís el foi un dos ultimos veciños, pero cando eu visito prada sempre está mais desfeita. so pido os visitantes que non desfagan aquilo pois e parte de nos.
PEDRO, di o vello refran: pensa o ladrón que todos son da mesma condición: Por o pouco que coñezo de Prada, non creo que ninguén poida levar nada do que eu vin, porque nada queda que valia un pemento nin que mereza a pena recordar, a non ser unhas fotos preciosas que teño do entorno é que con gusto compartirei con calquera que desexe ver.
doutra vanda, se verdadeiramente é parte de vos, merecería ser cuidado de outro xeito e facer algo por ese pobo que é, fermoso a fartar.
Apertas dun amigo da natureza, non da rapiña.
PEDRO, seguro que é avó? de non ser así, entendo que hai algo que desexas dicirme e que sempre estarei disposto a falar, porque son as medias palabras as que crean inimigos.
Saudos dende Queixa
boasss,saudoss a todos os visitantes de prada,,,,,e certo que prada esta deteriorada,,,,e mais!! cada vez ke alguen pisa akelo, deixa un rastro bastante deprorable,,,restos de basura,,,desfeitas nas casas,,etz,,,,,eu coñezo prada dende que era pekeno,,,,xa pasaron moitos anos, defeito cando o visitei por primeira vez ca miña familia,,,algunhas das casas ainda estaban pechadas, e as pontes en pe,,,,e ainda se podia ver os restos perfectamente que deixaran os ultimos Habitantes,,,agora todo está desfeito,,e as casas todas abertass,,,,,,e todo o ke ali habia roubarono, ou destrozarono,,incluso a campana da igrexa e o retablo, lle serveu os amigos do ajeno..akilo tiña dono,,,e os ke tiveron ke abandoar aquela aldea, non o fixeron por gusto,,,,senon como decian eles,,porque ali non habia nada,non abai lus,nin carreteras,nin escuela,nadaa,,,,e iso e mais a imigración por parte dos habitantes mais nobos,,foi o que levou a despoboación da aldea,,,os ultimos en abandoar Prada foron Pedro varela mais a sua nai , e muller,,,,saudos a todos,,,por certo agora Prada foi adquirida por un grupo enpresarial mexicano,,de fillos de inmigrantes de galegos de ali de Prada, que o compraron por catro millons de euros...e estan pendientes da sua transformacion nunha aldea rural,,,con coto de caza,,,,,,,,,eu vou todos os anos ali,,encantame,,recomendollo a todo o mundo........saudos