¡Canto se pode cambiar! O que onte se tildaba de intervencionismo estatal, comunismo encuberto ou proteccionismo cando de axudas os parados se trataba, hoxe parece ser unha - panacea- cando se trata de nos.

Abraiado me deixou a idea do presidente da patronal solicitando un paréntese na economía de libre mercado- que eles inventaron pra non repartir as ganancias con ninguén- mentres que as cousas non lles van coma antes.

¡Vivir pra ver! Alguén me dicia sentir medo a unha nova revolución neste país. Hoxe creo estar en condicións de afirmar que non, que os españois somos xente de paz- pasotas mais ben- que nada nos afecta, escoitamos de todo sen inmutarnos, como quen escoita chover.

Dacordo estaría eu con este < alto o fogo> se fose acompañado de un liberalismo recíproco, por exemplo, que durante o tempo de crise económica, os grandes almacéns como - O corte Ingles- Carrefour- etcétera, rebaixasen os artigos o prezo de custo pra os que se quedaron no paro é unha familia a cargo, porque todos somos españois ¿ou non?