Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

25 Septiembre 2008

CANDO NADA QUEDA

Nada ocorre sen máis, tódalas cousas están preconcebidas e predestinadas a algún fin. Ata os cabelos das nosas cabezas están contados- dí a Sagrada Bíblia. Con estas premisas- nas que non creo- poderíanse xustifica- los tempos de crise. Porque- e esto si está comprobado- é nos tempos de necesidade cando a neurona da creatividade se pon en marcha.

Escoitéi dicir o señor Saramago- que foi premio Nóbel- que son os pesimistas os que fon mover o mundo. O mesmo penso das necesidades, cando temos todo o alcance da mán e cando menos creativos somos.

O que pasa, e que tampouco se pode ser tan inxenuo como o que sentiu dicir que - diñeiro atrae diñeiro- e tirou unha moéda a porta dun banco esperando atraer os cartos da caixa, porque a pesar das crises, as léis universales seguen a manter as súas normas- rolou a moéda ata cerca da caixa e alí atopóu o seu lugar-dando unha vez máis a razón o señor Einstein de que a masa mais grande atrae a pequena.

Poñámolo inxenio en marcha e ¡quen sabe! se o que hoxe parece negro futuro, mañá se converta nun claro porvír,- e pensemos- que a ilusión é o último que temos que perder cando nada queda.

servido por queixa 7 comentarios compártelo

7 comentarios · Escribe aquí tu comentario

...son eu...

...son eu... dijo

na nosa sociedad occidental, non creo que iste sexa un tempo de necesidade, polo menos non de necesidades basicas. Quizais sexa un tempo de replantearse o noso modo de vida, as veces cheo so de cousas materiais e superfluas, de "necesidades" que nos mesmos nos creamos. Eu non creo que o pesimismo mova o mundo, creo que a curiosidade e o desexo que cambio, quizais si.

25 Septiembre 2008 | 04:18 PM

nuits

nuits dijo

Son eu totalmente de acuerdo, tenemos tantas cosas superfluas y no vemos lo básico, lo hermoso, quizás en otra sociedad con carencias eu sería más feliz. Estoy de acuerdo yo no me puedo permitir perder la ilusión por mis hijos, pero mi lucha contra el marketing y la publicidad para que no se encaprichen con todo es colosal. Un bico ( lo intento escribir un pouco en galego ).

26 Septiembre 2008 | 11:36 PM

a nena

a nena dijo

Pois fíxate que non estou dacordo coa señora Mago nesa afirmación... Hai moito pesimista que se adica a ver e a transmitir a parte negativa de todo, escudándose en que "é o que hai" para non mover un dedo. E non serán os inconformistas os que fan que as cousas avancen? Viva o inconformismo!
Biquiños pra tod@s e que pasedes un bo día!

2 Octubre 2008 | 09:27 AM

...son eu...

...son eu... dijo

huummm! non che sei, mira que tamen hay moito inconformista que unico que fai e protestar desde o sofa.
pa min que a xente que move o mundo e a que ten de verdade ganas de facelo e se pon mans a obra

-----------------
Nena pequena así que te vas adicar a interpretación, ¿cando nos imos a Brodway (ou como se escriba)? . muaks

4 Octubre 2008 | 01:47 AM

queixa

queixa dijo

Axuda o inconformismo no senso que nunca está de acordo cas cousas, estaremos de acordo en que todo é mellorable, penso, dende ese punto de vista, os conformistas non moven nada por mellorar porque todo está ben, os pesimistas - moderados como é o caso- sempre cremos que se pode facer mellor. Menos nalgunhas cousas- claro. Ademais, quen somos nos pra cambiar nada sen permiso? bicos.

4 Octubre 2008 | 03:30 PM

...son eu..

...son eu.. dijo

somos os que somos (pesimistas, inconformistas, moderados, escepticos, pasotas,etc......) e sempre a de ser mais divertido sen permiso ¡que carallo!... bueno digo eu.. :) non vaia a ser que....
Pero bueno de momento vou ir durmir.!

4 Octubre 2008 | 11:06 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Sorprendiume gratamente, a tua paxina. Gosto do que escribes e de como o escribes.

Ollareite a miudo .

Apertas abraiadas

5 Octubre 2008 | 09:10 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera