Grande e groso é o mundo das letras, hai letras de tódolos tamaños xenios e cores. Letras sen ánima que cada fin de mes alteran o espírito dos bos pagadores, dos que aínda senten a responsabilidade das débedas contraídas. Letras do tesouro que dan seguridade a quen a posúe. Letras con identidade propia que nos transmiten ideas alleas, coñecemento e saber. Letras que soamente ordenan deixando sensación de rixidez, de formación militar con acenos de mando, son as depositarias do politicamente correcto, as que gardan no seu seo leis e ordenanzas, mandatos e imposicións. Todas son letras, pero son as outras as que quero ter por amigas, as que se presentan núas, tal como son, estas, inda que o escribinte sexa pésimo- como é o caso- cando se van colocando unha tras outra, non necesitan maéstria pa seren concordantes, destilan sentimentos de seu cando forman palabras sinxelas, de amizade e sentimento, beleza e solidariedade. Todo son letras, pero á ser o lector ca súa sensibilidade que ha atopar entre unhas ou outras as que sexan do seu agrado, as que traian paz e harmonía o seu espírito ou lle deixen o amargo sabor das inxustizas. Relendo <O lapis do carpinteiro> de Manuel Rivas, xurdiu en min este pensamento: As letras asemellanse os humanos: Elas son parecidas entre sí -coma nos- pero a diferencia estriba na colocación. Tódolos seus persoeiros son xente, fillos de pais e nais, pero cada quen colocouse nun lugar diferente, e iso sepáraos tanto que apenas se recoñecen. Mentres que o doutor Da Barca loita ca palabra e axuda os compañeiros a levar os malos momentos, outros que tamen eran homes, apuntábanse voluntarios pa facer <as sacas> paseos da morte.
Non me resisto a copiar catro ringleiras que me conmoveron e din asi: Dúas veces venceu á morte o doutor Da Barca. E dúas veces pareceu que a morte o vencía, que o arrecantaba e tiraba co el na colchoneta da cela. Foi cos fusilamentos do Dombodán e Pepe Sánchez.Andaba decote animoso , pero dobrou en dous momentos, contoulle Herbal a María da Visitaçâo. Cando morreu O Neno e mais o cantante. Desas veces, permaneceu varios días tirado na colchoneta, nun longo sono, coma se metera un bocoi de valeriana no corpo.
No último pasmo, Gengis Khan permaneceu en vixilia ao seu caron.
Cando espertou, díxolle: ¿Que fas aquí ,pataquiña?
Quitarlle os piollos, doutor. E apartar as ratas.
¿Tanto durmin?
Tres días e tres noites.
Gracias,Gengis. Voute invitar a comer.
E é que tiña, contoulle Herbal a María Visitaçâo, o poder da mirada.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados