Todos sabemos que o home mais o lobo, foron os máximos depredadores ata que o home rematou ca competencia utilizando tódolos medios a seu alcance, dende escopetas ata a temible- Estricnina. Pero eso non quere dicir que o lobo non tivera tamén a súa intelixencia pa conseguir a comida.

Cando nas aldeas vivía moita xente - antes da emigración a Europa- os rabaños eran moi numerosos nas serras. Había- é aínda quedan- curros onde os rabaños e pastores pasaban a noite. Eran sinxelas construcións de pedra con tellado de madeira e xentas. As portas facíanse de táboas e unha baraza de pecho.

Achegouse o lobo a porta, e viu que tódolos animais corrían sen tino cara o muro contrario, aproveitando a estupidez das ovellas, foi o lobo o lado contrario facendo ruído, correron todas a unha levando a feble porta por diante e espallándose na serra. Matounas todas durante a noite.

Este feito- de moitos coñecido- faime pensar a raíz do que estamos a vivir, senon seremos máis ovellas que lobos- ou se querendo ser lobos nos convertemos en ovellas. Por medo gardamos no calcetín os aforros esperando que veñan tempos mellores a sabendas que se a economía se funde,- é refírome os que ten diñeiro- perderan máis ca invertendo inda que non sexa o mellor momento. O medo, a desconfianza, o sálvese que poida, estanos a levar cara a esa espirál sen saída na que culpamos os demais pechando o bolsa e facendo como as ovellas da historia, - todos a unha- ? Non seremos máis ovellas ca lobos?