ariba e debaixo
Por ariba e por debaixo non é mais ca unha teoría relativa o espazo. Se o trasladamos a economía significará mais ou menos diñeiro. Pero se falamos de niveis sociais, estar enriba ou debaixo, ten mais importancia da que se lle supón.
En tempos de vacas gordas, é importante estar enriba porque sentes a liverdade do poder, de levar a cabo todo canto desexes. Pero como todo ten un fin, e todo canto sube baixa, en tempos de vacas fracas son os de enriba os que levan a lombada mais soada porque can de mais alto.
Non é que sintamos pracer os de abaixo en ver caer a ninguén, é, que por unha vez, podemos vernos as caras e tratarnos de tí como se fosemos da mesma especie, escoitar das súas bocas< andamos mal> porque cando somos nos os que nos queixamos, non nos cren ou pensan que vivimos poriba das nosas posibilidades sendo nosa a culpa.
Hoxe atopei con un dos que están poriba e que facía tempo non vía, despois de contarme as súas coitas, preguntoume se me afectaba moito a crise económica. Eu por facer honra o dito de que os galegos contestamos con unha evasiva, conteille un conto que fai tempo me contara un labrego e que dí así: tiña un labrego unha parella de bois moi fortes pa facer as labores do campo, un día, un boi púxose malo e o labrego houbo de xunguir outro mais pequeno pa ir buscar leña. Cando xa tiñan cargado moito e vendo que seguían, dixolle o boi grande o pequeno: Hai Oh, ¿non che parece que cargan de mais? O que contestou o boi pequeno: Pois mira, a min dácheme igual porque eu xa fai tempo que non podo.
Non debeu entender as segundas intencións porque se foi rindo, pero é así, ós que cada mes temos que facer cábalas pa chegar o trinta,¿como nos pode afectar mais do que nos afecta a cotío?
