Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

16 Octubre 2008

Ó ESCANO

hollando cara o lume, falaba co vello escano desgastado por o tempo. É escoitando a súa conversa semellaba non estar soo. Era unha conversa entre amigos, vellos amigos que viviran momentos doces e tristes é que hoxe se facían compañia na mais absoluta das soidades.

¡Se ti falaras compañeiro! ¡Cantos recordos compartidos! ¿Sabes? inda recordo cando te vin por primeira vez. Era eu case que un neno cheo de medos e valeiro de experiencias cando me atrevín a entrar nesta casa. Foi ela a que convidou e me deu forza pa enfrontarme os seus pais. Non sei que cara debín poñer o entrar, pero vendo como se rian estou seguro que se notaba en min o temor, so cando me sentei sentín algo de alivio, e ti xa estabas no mesmo lugar.

¡Cantos anos pasaron e cantas historias vividas! Sí, recórdoo ben, ti fuches o testíño do primeiro bico, e tamén do seu derradeiro alento. A vida sen ela vai ser un pouco triste, pero téñote a ti vello amigo, ei ser eu o que te deixe, e cando eso ocorra, tamén ficaras só no medio destas ruínas, porque, ¡sabes unha cousa! Nos somos os derradeiros habitantes deste lugar, e cando nos non estéamos, acabouse amigo.

Sempre lle gustara analizar as cousas e sabia que ían ser así, que un día tiñan que finar é que difícil sería ir xuntos. Pero tódalas ensinanzas, as fermosas palabras dos amigos ou o entendemento, non podían mitigar en nada a falla da compañeira de toda a vida. Moitas veces o falaran nos últimos tempos. Ata semellaba como se ela soubese que ía marchar primeiro e quixera facerlle entender que tiña que ser así, que tiña que seguir só ata que chegase o seu momento, que non se podía render porque el era un loitador, un home que sempre se esfrontara a vida.

O lume íase apagando mentres a noite pasaba e o vello debullaba os recordos falando co escano, mentres que este, como alguén que coñece os segredos da vida e da morte, escoitaba quedo, como se co seu silencio quixera respectar a dor que saía daquel corpo encurvado. É a noite ía pasando, parola vai e parola ben. Cando chegou a luz do novo día xa o lume morrera, o silencio era absoluto, é a estampa que se ofrecía do mais entenrecedor. Cuberto ca roída chaqueta de pana, deitado no escaco de madeira descasaba pa sempre o vello patrón. Inexpresiva a faciana e os ollos abertos, como se nunca deixara de falar co escano.

servido por queixa 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

...son eu...

...son eu... dijo

Bonito conto, algo triste pero real.

17 Octubre 2008 | 02:21 PM

queixa

queixa dijo

Seguiremos falando co escano. Bicos

26 Octubre 2008 | 10:25 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera