Sí, foi a miña avoa <muller moi cabida na súa saia, daquela inda non puñan pantalóns> a que me ensinou o pouco que sei. Nas noites de lúa chea- dicía- a lúa espía cada movemento das súas criaturas -nos- e garda os informes na arca grande, alí están escritas as nosa vidas dende que nacemos ata que morremos.

Eu escoitaba as súas ensinanzas e ías gardando no meu maxín. Agora que comezo a ser grande, é cando recoñezo a sabedoría dos vellos. Ela sempre tiña unha resposta acertada pa cadansúa pregunta que eu facía, así, ante a pregunta de ¿porqué non cae a lúa? Respondía ca sebedoría que a caracterizaba,¿ E porqué ía caer? E eu meditaba esta e outras cuestións sen estender nada.

Inda hoxe, despois de anos transcorridos, sigo entendendo o mesmo e sigo plantexando preguntas sen atopar respostas convincentes. ¿ Porqué en tempos difíciles a xunta de Galicia gasta cada mes, cento sesenta e seis mil euros en manter un parque móbil a disposición dos altos cargos, sabendo que cada un destes señores gañan dez veces mais ca media dos nacidos neste terra? ¿ Porqué a familia real segue cobrando por o feito de nacer? ¿Acaso non di a constitución que somos iguais en dereitos?

¡Canto boto de menos as sabias leccións dos que estendían! hoxe atópome perdido neste mar de compnendas, de inxustizas é igualdades desiguales. ¡Canto te boto de menos!