PARECE MENTIRA
Sí, parece mentira que fixéramos o difícil, que foi o chegar ata aquí, ata conseguir esta bonanza económica sabendo como era o noso punto de partida. E agora que o parecer somos a oitava potencia económica do mundo, andemos petando ás portas dos amigos pa conseguir formar parte dos que queren cambiar o sistema económico.
Esta mañán, escoitaba na radio opinións de xentes que coma min lles parecía do menos coherente, estar entre os dez primeiros e non pertencer os vinte mais importantes. Entre estas opinións estaba a dun home que tiña a solución a este desaguisado e dicía así: Espero que alguén do goberno estea escoitando e por unha vez fagamos algo con xeito, que copiemos dos rusos. Se tivéramos un exercito forte, serían os americanos os que se achegarían a pedirnos pareceres e non o contrario, o que fai falta neste país e que teñamos un exército forte:
Neste bendito país, onde todos entendemos de fútbol, de política, de economía, non entendo como os dirixentes non inventan unha especie de -parlamento da xente- onde poidamos opinar todos, ¡Quen sabe! Ata poderían saír ideas pa cambiar o sistema económico mundial e darlle unha lección os que non nos queren no seu equipo.
Porque cartos non teremos, pero o que son ideas non nos faltan. Ata o noso ex presidente Aznar deu a súa opinion pa saír da crise: Non gastar en parvadas como é o cambio climático - dixo.
En fin, que como dicía un home que coñecín, cada can caga a súa sentencia, e uns por os outros, a casa sen varrer.


laguntsa dijo
Querrá o sr. Bush dar un golpe de mesa aos cidadans deste pais por non haber votado Aznar (perdón, Rajoy) non invitando ao noso presi ZP?
Nunca debemos sair de Irak...
Un saúdo
24 Octubre 2008 | 07:21 PM