España- dicíame o vello sacerdote- estase a recuperar gracias a falaxe que soubo marcar o camiño. Mentres que eu mantiña a idea de que era a emigración a que co esforzo do traballo ía mercando pisos e creando postos de trabllo neste país.
Medraba a construción- a inflación chegaba o vinte por cen anual- os bancos e caixas despregaban tódolos medios pa recadar o froito do esforzo, das privacións e sacrificios dos que un día decidiran deixar o pobo, amigos é familias por mellorar economicamente.
Os cartos daban poder e posición social, pero tamén creaban acaricia, envexa e desfeitas en familias e amigos. As veces- moitas veces- os coches caros que no verán chegaban os pobos, eran alugados pa un mes de vacacións á conta de privacións de toda índole, pero axudaban a mover a roda da emigración.
Era ilusión é medo, incerteza é inseguridade cando partías a aventura, ó chegar, era traballo é privación, discriminación e encuberto desprezo os novos invasores que vestían diferente, que facían os traballos mais duros sen protestar, que mercaban patacas por sacos, que falaban diferente. Duro era o cambio, pero a bergoña de retornar cas mans valeiras do mesmo lugar que outros traían coches, facía verdadeiros heroes nos traballos mais duros, ós que os nativos se negaban a facer, é que nos facíamos por menos soldo sen protestar.
¡Sempre foi o pobre o que co seu sacrificio cambiou o mundo!. Mais tarde, co tratado de Mastrich é a famosa conversión, tamén fomos nos os que houbemos de cargar co peso da economía, renunciando a dereitos doutros tempos, perdendo sempre nas negociacións dos convenios, pagando a facenda co noso suor a cabio dun futuro mellor. Agora, cando as cousas se pon feas, de novo pende sobre as nosas cabezas a famosa espada de Democles. Xente no paro porque os poderosos recollen esperando tempos mellores, emigrantes que dependen da caridade pa comer, que chegaron tarde e non xuntaron suficiente pa volver o seu país. Traballadores que renuncian os seus dereitos por medo a que non lle renoven o contrato.
Unha é outra vez se repite a historia, cando todo vai ben, son os outros os que medran é disfrutan das prebendas, cando vai mal, somos nos os que temos que facer país a conta do noso sacrificio. ¿Será esta a famosa maldición bíblica? Só nos queda o consolo de saber que no mais alá seremos os benaventurados.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados